Visby

localidade de Suecia

Visby é unha cidade e a capital do municipio de Gotland, no condado sueco de Gotland. No ano 2014 a cidade contaba con 23 880 habitantes.[1] Visby tamén é a sede episcopal da Diocese de Visby. A cidade hanseática de Visby é posiblemente a cidade mediaval mellor conservada de Escandinavia e dende 1995 está na lista da UNESCO de lugares Patrimonio da Humanidade.[2] Entre os restos históricos máis destacables están a muralla de 3,4 km que rodea a cidade vella e varias ruínas de igrexas.

Modelo:Xeografía políticaVisby
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°37′44″N 18°18′26″L / 57.628997, 18.307109
EstadoSuecia
CondadoGotland (pt) Traducir
MunicipiosGotland Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación24.951 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.717,21 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.453 ha Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal621 xx Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0498 Editar o valor en Wikidata

Visby é un popular destino de vacacións para os escandinavos durante o verán e recibe milleiros de turistas cada ano. Trátase da localidade máis poboada de Suecia fóra do continente. A Universidade de Gotland atópase en Visby, e dende o 1 de xullo de 2013 é un departamento da Universidade de Uppsala co nome de Universidade de Uppsala-Campus Gotland. Visby é tamén a única capital de condado de Suecia accesible unicamente por mar e por aire.

Etimoloxía

editar

O nome "Visby" vén das palabras do antigo nórdico Vis, (xenitivo singular de Vi) que significa "lugar de sacrificios (pagán)" e by, que significa "vila". Na Gutasaga (de mediados do século XIV) o lugar aparece como Wi, que significa “lugar sagrado, lugar de culto".

Visby ás veces é chamada "A cidade das rosas" ou "A cidade das ruínas".[3][4]

Historia

editar

A historia máis antiga Visby é incerta, pero sábese que era un centro de comercio ao redor do ano 900. Foi habitada xa na Idade de Pedra, probablemente debido ao acceso a auga e a un porto natural.[5]

No século XII construíuse a catedral de Visby, dedicada a Santa María. Foi modificada no século XIII ata conseguir a súa aparencia actual e inaugurouse oficialmente no ano 1225 polo bispo da cidade sueca de Linköping. Tamén se construíron varias igrexas máis nos seguintes séculos. A cidade floreceu grazas á Liga Hanseática xermana.[6]

Os traballos na súa muralla probablemente comezaron no século XII. Ao redor do ano 1300 modificouse para acadar a súa altura actual e levantáronse as súas características torres, aínda que algunas non serían construídas ata o século XV. A día de hoxe a meirande parte da muralla mantense intacta.[7]

Na primeira metade do século XIV Visby chegou ao seu máximo punto de riqueza e influencia e foi nesa época cando probablemente se promulgaron as Leis de Wisbuy, un conxunto de leis marítimas que tiveron unha ampla influencia no Báltico e noutras zonas.[8]

En 1361 Visby foi conquistada por Valdemar IV de Dinamarca. 1 800 gotlanders morreron na batalla en fronte da cidade. Valdemar derrubou parte da muralla, instalou tres barrís de cervexa enormes e ameazou con permitirlle aos seus homes saquear a cidade se estes non se enchían con prata e ouro. Os administradores de Visby cumpriron a demanda baleirando as igrexas de todos os seus obxectos valiosos. Valdemar engadiu "Rei de Gotland" á súa lista de títulos.[9] O seu tratamento a Visby, cidade membro da Liga Hanseática, levou á guerra entre a Liga e Dinamarca; porén, aínda que Valdemar foi forzado a realizar varias concesións, retivo Visby como unha cidade danesa.[10]

En 1391, 1394 e 1398, foi tomada e conquistada polos Irmáns das vituallas, piratas que navegaban polo mar Báltico. Un exército invasor de Cabaleiros Teutóns conquistou Gotland en 1398 destruíndo Visby e expulsando aos Irmáns das vituallas.[10] En 1409, o Gran Mestre Ulrich von Jungingen dos Cabaleiros Teutóns garantiu a paz coa Unión de Kalmar de Escandinavia vendendo a illa de Gotland á raíña Margarida de Dinamarca, Noruega e Suecia.[10]

En 1411, o rei noruegués, danés e sueco Erik de Pomerania construíu o castelo de Visborg e estableceuse alí durante doce anos, durante os cales a cidade converteuse virtualmente nun niño de piratas e comercio interrompeuse. Cara 1470 a Liga Hanseático rescindiu o status de Visby como cidade hanseática.[10]

En 1525, chegou o golpe final para Visby. Na loita polo trono de Dinamarca, Lübeck, unha cidade libre do Sacro Imperio Romano Xermánico e un dos membros principais da Liga Hanseática, apoiou a Federico I, mentres que Søren Norby, o gobernador danés de Gotland loitou ao lado de Christian II, incluso despois da renuncia oficial deste en 1523. Cando Norby realizaba unha acción militar en Suecia, Lübeck atacou con éxito Visby e incendiou a cidade. A diferenza da crenza xeneralizada, varias das igrexas da cidade sobreviviron a este ataque. As igrexas de Sankt Jakob (que xa fora anteriormente pechada), Sankt Nicolaus e Sankta Gertrud foron saqueadas polo exército de Lübeck. Coa reforma pecháronse todas as igrexas agás Sankt Hans, que se converteu na parroquia da cidade. En 1528 os cidadáns de Visby saquearon Sankt Drotten en vinganza polo saqueo da cidade. En 1533–34, o novo gobernador dinamarqués Henrik Nielsen Rosenkrantz, demoleu as igrexas de Sankt Hans e Sankt Pers churches para mellorar a defensa do seu castelo Visborg. A catedral de Santa María permanecería como a derradeira igrexa funcional na nova parroquia da cidade.[10] Aínda que a destrución das igrexas de Visby ocorreu hai máis de 480 anos, algunas delas aínda se atopa nunha condición mellor que moitas igrexas polacas e alemáns que foron reconstruídas tras a segunda guerra mundial.

Gotland volveu novamente a mans suecas en 1645 co Tratado de Brömsebro, tras 300 anos de dominio danés, e a cidade foi desenvolvéndose lentamente. A mediados do século XVIII, despois dunha praga que reduciu a poboación de Visby, o goberno sueco realizou algúns intentos oficiais para mellorar as condicións de vida, pero poucos deles chegaron a completarse. Non sería ata principios do século XIX cando Visby volvería a atraer novamente ao comercio e á industria. Ao mesmo tempo, en 1808, Gotland foi conquistada por Rusia, pero foi recuperada pacificamente polos suecos despois dun par de meses de ocupación.

Xeografía

editar

Visby é o nome da localidade, ou cidade, ademais do nome da área que a rodea, o socken de Visby. En 1936, o socken incorporouse dentro da recentemente formada Visby stad (cidade de Visby), a única localidade con status histórico de cidade en Gotland. O 1 de xaneiro de 2016, reconstituíuse na área administrativa Visby domkyrkodistrikt.[11]

Visby está situada na zona central da costa oeste de Gotland, nas empinadas pendentes dos acantilados de pedra calcaria que rodean o primeiro porto natural. A cidade evolucionou a partir do porto medieval que agora constitúe o parque Almedalen. Longas rúas corren paralelas á vella riberia, con pequenas calexas perpendiculares a estas, que van dende o porto e soben polas pendentes ata a parte oriental máis alta da cidade coñecida como Klinten.[12]

A zona antiga de Visby está máis ou menos encerrada dentro da muralla no norte, leste e sur, estando o vello porto e o mar Báltico no oeste. As partes máis modernas expandíronse principalmente cara ao leste, cara ao interior da illa a partir da muralla. Ao longo da ribeira ao sur da muralla atópase o porto moderno coa súa terminal de ferris, e máis cara ao sur hai unha zona verde chamada Södra Hällarna. Xusto no interior da parte norte da muralla, ademais de ao longo da costa norte fóra da mesma, hai varias praias: Kallbadhuset, Norderstrand, Snäckgärdsbaden e Gustavsvik.

  1. Region Gotland (ed.). "Gotland i siffror". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  2. The Telegraph (ed.). "21 amazing World Heritage Sites you've probably never heard of". Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  3. Visit Gotland (ed.). "Visby innerstad". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  4. Expressen (ed.). "Rosornas stads mest urvattnade tradition". Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  5. Westholm, Gun (2000). "Visby och Gotland – Medeltida byggnadsutveckling". Gotländskt arkiv (75): 85. 
  6. Yrwing, Hugo (1986). Gidlund, ed. Visby – hansestad på Gotland. Estocolmo. ISBN 91-7844-055-6. 
  7. Andrén, Anders (2011). Historiska media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  8. Stone, Arthur J. (2002). "Canada's Admiralty Court in the Twentieth Century" (PDF). McGill Law Journal (47): 511–558. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  9. Westholm, Gun (2007). Prisma, ed. Visby 1361: Invasionen. Estocolmo. ISBN 978-91-518-4568-5. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Tacitus (ed.). "Gotland". Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  11. Finansdepartementet (ed.). "Förordning om district" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  12. Nationalencyklopedin (ed.). "Visby". Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  翻译: