Illa Robinson Crusoe
(es) Isla Robinsón Crusoe | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Robinson Crusoe | ||||
Descubridor ou inventor | Juan Fernández (navegador) (pt) | ||||
Parte de | Arquipélago Juan Fernández | ||||
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago Juan Fernández | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Juan Fernández, Chile | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 915 m | ||||
Dimensións | 7 () km | ||||
Punto máis alto | El Yunque Hill (en) (915 m ) | ||||
Superficie | 47,93 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1574 | ||||
A Illa Robinson Crusoe, antigamente chamada Más a Tierra ou Más Atierra, forma parte do arquipélago chileno de Juan Fernández.
Características
[editar | editar a fonte]Ten 96,4 km² e a súa poboación foi de 488 habitantes no Censo de 1992, mentres no Censo de 2002, o número de habitantes aumentou a 630, maiormente concentrada no poboado de San Juan Bautista na Baía Cumberland, fundado en 1877 polo barón Alfredo Van Rodt.
Despois do desastre de Rancagua en 1814, a illa serviu de prisión para os patriotas (Juan Egaña e outros) na chamada Cova dos Patriotas (Monumento Histórico desde 1979, situada en San Juan Bautista). Con iguais propósitos foi usada a illa durante o primeiro goberno de Carlos Ibáñez del Campo (1927-1931).
A principal actividade económica é a pesca da lagosta mariña (a Lagosta de Juan Fernández). A súa poboación está diminuíndo; principalmente novos que emigran ao continente (Chile) para obter mellores oportunidades e unha vida menos illada.