A SEARA | Servizos Culturais

A SEARA | Servizos Culturais

Servicios de eventos

Lugo - Santiago de Compostela, Galicia 573 seguidores

Sobre nosotros

xestión cultural • comunicación • produción • distribución | servizos culturais 360 ⚙🌱 🏠 axencia das artistas: 𝘽𝙚𝙡𝙚́𝙢 𝙏𝙖𝙟𝙚𝙨, 𝘾𝙖𝙧𝙖𝙗𝙚𝙡𝙖, 𝙅𝙪𝙖𝙞𝙩, 𝙈𝙤𝙘𝙝𝙤 𝙂𝙧𝙞𝙨, 𝙉𝙚𝙗𝙧𝙖 🎶

Sitio web
https://aseara.gal/
Sector
Servicios de eventos
Tamaño de la empresa
De 2 a 10 empleados
Sede
Lugo - Santiago de Compostela, Galicia
Tipo
Autónomo

Ubicaciones

Empleados en A SEARA | Servizos Culturais

Actualizaciones

  • Onte estivemos na Eurocidade Chaves-Verín, AECT moderando unha mesa sobre cultura, deporte e turismo ao abeiro dos #LaboratoriosDeInnovación que promove a #FundaciónGaliciaEuropa 🇪🇺 Conversamos co alumnado do programa sobre o xeito de xerar oportunidades á mocidade do rural dos territorios fronteirizos, optimizando as oportunidades que a raia ofrece para o emprendemento. Acompañaronnos na mesa Marisol Arias -psicóloga deportiva na Rafa Nadal Academy e no RC Deportivo de La Coruña- e mais Paulo Alexandre Neves -comunicador na Câmara do Porto e responsabel da área de comunicación do CAMI Motosport-. Foi un pracer inmenso compartir xornada co alumnado do programa e co resto de compañeiras🚀 Obrigadas á Eurocidade, o Concello de Verín, a cámara de Chaves e a o resto de integrantes da organización, sempre é un luxo voltar á raia! Alejandro Nieves Rodrigues, #Ktorce enredádenos sempre! ❤️🔥 #ASearaAcompaña #UE

    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
      +1
  • A SEARA | Servizos Culturais ha compartido esto

    Ver el perfil de Saúl Rivas, gráfico

    Deseño e desenvolvemento de proxectos culturais | Comunicación e guión

    Buscar a pegada dos sons e melodías tradicionais nas propostas das músicas galegas actuais. Con esa idea puxémonos a traballar Borja Casal Fraga, Miguel Vázquez Castro e o marabilloso equipo de Undodez. Hoxe, #AGalega, a plataforma da Corporación Radio e Televisión de Galicia, estreou os dous primeiros capítulos de 'Recollendo Músicas', un formato breve, desenvolvido para as canles dixitais co obxectivo de compartir e espallar as nosas músicas entre os novos públicos. Nesta primeira temporada, coñeceremos proxectos tan diferentes como os de Belém Tajes, Comando Curuxás, Alana, Nebra, Breo, Lontreira, Moura, Abril, Carme López e Carabela. Grazas sempre a Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa pola confianza e por deixarme facer e inventar, a Adolfo Fernández Piñeiro e Lucas Lombardia por entender e coidar o formato e ás compañeiras de A SEARA | Servizos Culturais, Urdime e Nume polo trato e axuda. Cada xoves, dous novos episodios: https://lnkd.in/e35rgZsY Comentade por aquí o que vos pareceron! Agardo que vos guste tanto como a nós!

  • Esta semana dimos unha formación de #creaciondecontidos para as socias do proxecto da #AulaSostibleDoFreixo, en Outes, a quen acompañamos na comunicación coas compas de Cidadania S. Coop Galega Coas vistas á Ría de Muros-Noia coma telón de fondo, voltamos comprobar a necesidade de crear comunidade e tecer redes para a mellora na difusión do patrimonio cultural da nosa contorna. Coma sempre, un pracer! Vemonos na seguinte 🚀 #ComunicacionCultural #obradoiros #ASearaComunica

    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
  • Vémonos este venres no @mumi.musica, o encontro da industria musical portuguesa e galega ❤️ Responsables de programacións musicais, persoal técnico de Cultura, xornalistas e demais profesionais do sector, convidámosvos a descubrir no marco do MUMi o showcase de @sugarridopombo presentando o seu novo proxecto “Traspielas” xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) 🎶🎞️ Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes, Pontevedra) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, a electrónica e a música tradicional conflúen neste concerto que celebra a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual. O obxectivo da artista é dar unha nova vida a estas cancións nunha proposta que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio. A primeira feira e evento ao que acudimos coa @aseara.gal recén constituída foi o MUMi do 2023. Vai ser bonito reencontrarnos un ano despois. Se nos vedes saudade 👋🏻 e se vos presta axendar un encontro xa sabedes onde atoparnos 😎. Mirámonos en todo caso por alí! Showcase @sugarridopombo 📍MUMi: 13 de setembro na Zona PRO en Valença, ás 12:30 (hora portuguesa) ** @mumi.musica @industriasculturais @culturaxunta @deputacionpontevedra @aect.riominho @cultura.norte @gda_fundacaogda

    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
  • Este mes andivemos coordinando a comunicación da 21ª edición do Festival Feito a Man 🚀 Rematado o festival, non queremos deixar agradecer a organización -especialmente a Ángeles Porto- a confianza depositada en nosoutras. Tamén a Antonio Rubio por sementar na ASEARA este agosto, facendo florecer olladas preciosas que fixeron moito máis doado o noso traballo. Ao equipo de produción e VINCUSYS polo seu bo facer e amabilidade, así como as donas e donos dos locais que fixeron de porta da ducia de escenarios improvisados nas rúas e prazas da Cidade Vella, recibíndonos sempre cos brazos abertos. Por suposto, grazas tamen as integrantes das case 40 bandas que conformaron a grella de programación, que respostaron agarimosamente tantas chamadas, mails e whatsapps, trasladándose a estudios de radio e televisión para sachar canda nós na difusión deste festival marabilla. Agradecidas tamén sempre, claro, as e os xornalistas de medios de toda pelaxe, sempre atentas e dispostas ás nosas ideas tolas. 📸 As fotos do carrusel son do noso fichaxe do verán, @arubiosantos -agás a primeira, que é de @aromtan da edición de 2018 do festival-. Longa vida ao @amanfeito, deica o ano que vén 💓 E nós, ao seguinte! Axenda nas nosas stories 🧨

    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
    • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen
      +9

Páginas similares