A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas (ACEM) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por ésta e por outras enfermidades neurodexenerativas semellantes. No 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.
Traballamos principalmente co colectivo de persoas afectadas de esclerose múltiple e de párkinson, levando a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a súa situación e a das súas familias, a través da prestación de servizos sociosanitarios, da sensibilización social e da defensa dos seus dereitos.
O ámbito de actuación de ACEM son as provincias de A Coruña e Pontevedra; concellos e comarcas incluídas dentro do ámbito de atención xeográfico, clínico e administrativo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
A sede de ACEM ubícase en Santiago de Compostela.
PROGRAMA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL
A nosa actividade sociosanitaria concrétase nun programa de rehabilitación integral que levamos a cabo grazas a un equipo interdisciplinar formado por profesionais sociosanitarias que prestan os servizos de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica e traballo social.
SERVIZOS:
- Fisioterapia
- Logopedia
- Terapia Ocupacional
- Atención psicolóxica
- Traballo Social
- Asesoramento xurídico e asistencia xudicial
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
- Pilates
- Golf adaptado
- Artes plásticas
ADEMÁIS:
- Xornadas divulgativas.
- Campañas de sensibilización e concienciación.
- Accións de visibilización.
-
Sector
-
Organizaciones sin ánimo de lucro
-
Tamaño de la empresa
-
De 2 a 10 empleados
-
Sede
-
Santiago de Compostela, A Coruña
-
Tipo
-
Organización sin ánimo de lucro
-
Fundación
-
1995
-
Especialidades
-
atención sociosanitaria, esclerosis múltiple, párkinson, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, trabajo social, psicología y programa de rehabilitación integral