E seguimos traéndovos a ollada da mocidade sobre os ODS e que oportunidades nos traen, especialmente no eido da educación non formal. Hoxe como parte da nosa colección "A voz moza dos ODS". fálanos @adriitoledo, que forma parte do colectivo @aptjaen, para contarnos porque está interesado na defensa na igualdade de oportunidades e a protección dos dereitos das persoas vulnerables. --- en castellano --- Y seguimos trayéndoos la mirada de la juventud sobre los ODS y que oportunidades nos traen, especialmente en el campo de la educación no formal. Hoy como parte de nuestra colección "La voz joven de los ODS". los hablan @adriitoledo, que forma parte del colectivo @aptjaen, para contarnos porque está interesado en la defensa en la igualdad de oportunidades y la protección de los derechos de las personas vulnerables. - - - Desenvolvemos este proxecto con fondos de Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e conta coa colaboración das seguientes entidades: Scouts de España (ASDE) / ASDE Scouts de Galicia Amigos de la Tierra / Amigas da Terra Galicia Consejo de la Juventud de España Genova che osa Plataforma de Infancia (España) / Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia Solidariedade Internacional de Galicia SEPA-interea (Universidade de Santiago de Compostela (USC))
Sobre nosotros
A nosa organización pertence á economía social e actuamos baixo a forma dunha cooperativa clasificada como sen ánimo de lucro. O noso traballo é diverso, variado e flexible en función das necesidades das entidades coas que colaboramos ou prestamos os nosos servizos, pero podemos destacar as seguintes: - Campamentos de lecer para infancia e mocidade - Programas educativos complementarios en centros de ensino formal de primaria e secundaria - Xestión de instalacións e equipamentos culturais e/ou para a mocidade - Cursos de formación en educación non formal - Xestión de mobilidade xuvenil europea - Actividades de promoción cultural e lingüística - Produción de material didáctico e xogos de mesa - Actividades para a promoción da igualdade na educación non formal
- Sitio web
-
aventeira.com
Enlace externo para Aventeira S. Coop. Galega
- Sector
- Educación
- Tamaño de la empresa
- De 2 a 10 empleados
- Sede
- Fene, A Coruña
- Tipo
- Organización sin ánimo de lucro
- Fundación
- 2019
- Especialidades
- Educación non formal, ocio e tempo libre, formación, igualdade, campamentos, turismo, mocidade, infancia, mediación escolar, coidados, animación á lectura, dinamización lingüistica y cultura
Ubicaciones
-
Principal
Avda Conces, 61 2º
3
Fene, A Coruña 15500, ES
Empleados en Aventeira S. Coop. Galega
Actualizaciones
-
📃 Este proxecto persegue promover a participación da xuventude na definición das políticas públicas de educación no tempo libre en Galicia. Está concibido por un grupo promotor de persoas mozas ás que Aventeira dá apoio técnico. ⛺ Convidámosvos a unha serie de eventos gratuítos onde a mocidade, persoas traballadoras e voluntarias e o persoal técnico e político das administracións públicas poderemos xuntarnos para falar, debater e definir liñas comúns de vivencia e concepción das actividades de educación no tempo libre. Ademais, servirán para reatoparnos e desfrutar do lecer en común. 🌆 Estas son todas as datas e cidades, escolle a túa! 👉 A CORUÑA, Oleiros, 20 de outubro, cunha actividade de lecer de surf. 👉 PONTEVEDRA, Moaña, 26 de outubro, cunha actividade de iniciación aos deportes náuticos tradicionais: traíñas. 👉 LUGO cidade, 9 de novembro, cunha actividade de iniciación á escalada. 👉 OURENSE cidade, 16 de novembro, cun xogo de escapismo. 💥 ENCONTRO GALEGO de Tempo Libre, 29 de novembro a 1 de decembro no Albergue Xuvenil "As Sinas". ✍ Contribúe a definir as mesas de diálogo dos eventos presenciais e as conclusións políticas do proxecto. Calquera persoa vinculada ao tempo libre, como responsable ou como participante, pode cubrir o formulario aberto que atoparás tamén na nosa bio. ℹ️ Non deixedes de participar! Para que todas esas ideas que sabedes que mellorarán o sector se convertan en políticas públicas. 📎 https://lnkd.in/dqspeaYA
-
⛺ E anunciamos un novo encontro territorial no marco do proxecto de Erasmus+ Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia! 🧭 Eventos gratuítos onde monis e outras persoas traballadoras e voluntarias do tempo libre poderemos atoparnos co persoal técnico e político das administracións públicas para falar e definir liñas comúns de concepción das actividades de educación no tempo libre. 🚣♀️ Como non é todo estar falando, incluimos actividades de lecer, neste caso iniciación á escalada no rocódromo MoveLab. 🌀 Se Lugo non che colle a man lembra que podes asistir aos seguintes eventos territoriais: A Coruña 20 OCT / Pontevedra 26 / OCT Ourense 16 NOV. 📣 Que non se perda a túa voz! Inscríbete aquí ⤵️ https://lnkd.in/diCFh_v5
-
⛺ Anunciamos o primeiro encontro territorial no marco do proxecto de Erasmus+ Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia! 🧭 Eventos gratuítos onde monis e outras persoas traballadoras e voluntarias do tempo libro poderemos atoparnos co o persoal técnico e político das administracións públicas para falar e definir liñas comúns de concepción das actividades de educación no tempo libre. 🏄♀️ Con actividades de lecer, neste caso iniciación ao surf con Son do Mar surf. 📢 Ademais, lembra que tamén podes achegar a túa voz cubrindo o formulario, aberto a calquera persoa vinculada ao tempo libre, como responsable ou como participante. Con el definiremos as mesas de diálogo dos eventos presenciais e os teremos en conta para as conclusións políticas do proxecto. 🌀 Se Coruña non che colle a man queda pendente aos seguintes eventos territoriais: Pontevedra 26 OCT / Lugo 9 NOV / Ourense 16 NOV. 📣 Non deixes de participar! Para que todas esas ideas que sabes que mellorarán o sector se convertan en políticas públicas. Inscricións ⤵ https://lnkd.in/deeXsKtk
-
🌍📚 Continuamos na posta en valor dos ODS dentro do eido da educación non formal como vector dos cambios sociais que precisamos, dando voz a uns axentes sociais clave no presente pero especialmente no futuro: a mocidade. 🗣️ No día de hoxe, como parte da nosa colección "A voz moza dos ODS" facemos de altofalante para @riki.honey que nos transmite o seu xeito de pensar ao respecto da importancia da participación da infancia e adolescencia. Este proxecto desenvolvese con fondos do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e conta coa colaboración das seguientes entidades: Scouts de España (ASDE) / ASDE Scouts de Galicia Amigos de la Tierra / Amigas da Terra, Galicia Consejo de la Juventud de España Genova che osa Plataforma de Infancia (España) / Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia Solidariedade Internacional de Galicia @SEPA Interea (Universidade de Santiago de Compostela (USC))
-
Anunciamos o acto de clausura que porá o broche final a esta semana descubrindo proxectos activistas e coñecendo as protagonistas de diferentes loitas cidadás. 🗓️Luns 26 de Agosto ás 12:00 📍No local de Asociación ITACA en Santiago de Compostela Desenvolvemos este proxecto con fondos de Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e conta coa colaboración das seguientes entidades: Scouts de España (ASDE) / ASDE Scouts de Galicia Amigos de la Tierra/ Amigas da Terra Consejo de la Juventud de España Genova che osa Plataforma de Infancia (España) / Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia Solidariedade Internacional de Galicia SEPA-interea (Universidade de Santiago de Compostela)
-
Seguimos de Ruta fronte aos discursos de odio! Estas son algunhas das nosas próximas paradas: 💨 Charla-coloquio con Cabrera Despierta. A oposición organizada aos macroproxectos industriais eólicos. Luns 19, 22:00. Eco dos Teixos (Casaio) ⚒ Encontro coa veciñanza de Llangréu e arredores. As loitas mineiras do século XX e a reconversión industrial. Xoves 22, 18:00. Parque Dolores F. Duro (Llangréu) Ayuntamiento De Langreo 🏳️🌈 Espazo expositivo/divulgativo. A ruta contra os discursos de odio: experiencias e aprendizaxes. Sábado 24, ao longo da tarde. Festival Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso) 💚 Gracias ao Ministerio de Derechos Sociales Consumo y Agenda 2030 por contribuir a facer posible esta experiencia! Entidades colaboradoras do proxecto: Scouts de España (ASDE) / ASDE Scouts de Galicia Amigos de la Tierra/ Amigas da Terra Consejo de la Juventud de España Genova che osa Plataforma de Infancia (España) / Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia Solidariedade Internacional de Galicia SEPA-interea Universidade de Santiago de Compostela
-
⛺ Este está a ser un verán intenso, cheo de campamentos e actividades para diversas entidades e colectivos. 🌟 Hoxe falámosvos do campamento con pernocta que fixemos para o Concello de Ribadeo no complexo turístico Cemar, en Mondariz-Balneario. 🚀 Dúas quendas, con grupos de idades diferentes, cheas de aventuras, valores e experiencias inolvidables. Foi xenial!
-
👥 Lembrámosvos que estamos a buscar unha nova persoa socia que nos acompañe na nosa andaina. 💜 Se che interesa a educación non formal e desenvolver proxectos que promovan valores como a igualdade, a resolución positiva de conflitos, a xustiza social, etc. non o dubides, achega a túa candidatura. 🗓 O proceso estará aberto ate o 1 de setembro. Consulta toda a info na nosa páxina web ou a través da nosa bio. ℹ https://lnkd.in/d5PXbTS7
-
🌍📚 Levamos meses falando dos ODS no eido da educación non formal, da importancia da participación e do papel da mocidade nestas metas, pero .... que teñen as persoas mozas que dicir sobre isto? 🗣️Pois é hora de escoitar a súa voz! Vexamos que nos din. Comezamos a serie "Voces mozas dos ODS" con Jesús Martínez ⤵ Entidades colaboradoras do proxecto: - Scouts de España (ASDE) / ASDE Scouts de Galicia - Amigos de la Tierra / Amigas da Terra - Consejo de la Juventud de España - Genova che osa - Plataforma de Infancia (España) / Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia - SEPA Interea (Universidade de Santiago de Compostela) - Solidariedade Internacional de Galicia