EAPN Galicia. Rede Europea contra Pobreza e Exclusión Social explica á perfección no seu post os motivos polo que é tan necesaria a sesión informativa sobre #monomarentalidade e #dereitos que faremos este martes 3 de decembro ás 17:00 en Compostela. Inscríbete: https://lnkd.in/d2TFKiZU Organizada por FAGAMOS en colaboración con FAMS-Familias Monomarentales, contará coa participación de Violeta Assiego Cruz, activista, analista e investigadora especializada en #DDHH con atención a infancia, xénero e interseccionalidade e ex Directora Xeral de Dereitos da infancia e da adolescencia no Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
🟣A Lei 5/2021, de 2 de febreiro; de impulso demográfico de Galicia, estableceu como compromiso,no prazo dun ano dende a súa entrada en vigor (non máis alá de febreiro de 2022), a aprobación dun Plan de apoio ás Familias Monoparentais. Asemade, tamén indicou que se debía dar cumprimento á creación dun Rexistro de Familias Monoparentais Galegas. 🟢Máis de tres anos despois da súa entrada en vigor, o retraso inxustificado no desenvolvemento dos compromisos incorporados na lei están a agravar a taxa de pobreza das familias monoparentais. 🟠As familias monoparentais (o 81'9% das mesmas encabezadas por mulleres) representan mais dun 10% das familias en Galicia. No 2023, a taxa de risco de pobreza e/ou exclusión social das persoas residentes en fogares cun adulto e un neno, nena ou adolescente, situouse nun 52,7%. 🔵Malia que en Galicia, a Xunta de Galicia expide certificacións acreditativas da condición de familia monoparental, a rixidez das condicións para a súa obtención e a ausencia dun verdadeiro Rexistro, que determine e estableza os requisitos e adapte os medios de acreditación á realidade das súas situacións, ademáis das súas categorías, está a afondar no risco de exclusión destas familias. 🟣É preciso darlle prioridade ás familias monoparentais nunha interlocución entre administracións, Federación Galega de Municipios e Provincias FEGAMP e Terceiro Sector. A piques de cumprirse 4 anos dende a aprobación da Lei de Impulso demográfico, o retraso na aprobación da Lei Estatal de Familias non pode ser excusa para que, como o estan a facer na actualidade moitas outras comunidades autónomas, a Xunta avance no cumprimento dos compromisos asumidos para a protección das Familias monoparentais de Galicia. 👉Destes temas e de moitos máis falará Violeta Assiego Cruz, membro da asesoría xurídica de FAMS-Familias Monomarentales na charla formativa "Monomaternalidad y Derechos ", organizada pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS). 📅3 de decembro. 17:00-18:30 horas 📍Casa das mulleres Xohana Torres, Santiago de Compostela 👇Incsríbete: https://lnkd.in/dz-s9ZyY