Xunta, Concello de Ferrol e Autoridade Portuaria avanzan na implantación das novas medidas de aceleración de solo industrial coa creación dun ZAPES ➡️ A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse co alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea ➡️ Destaca que a previsión é que no primeiro trimestre de 2025 estea formulada xa a estrutura deste novo ZAPES ➡️ Subliña o potencial deste área desde o punto de vista industrial, do desenvolvemento das enerxías mariñas e da loxística 🔗 https://lnkd.in/dG42XzdA
Galicia Crece
Administración pública
Perfil oficial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia
Sobre nosotros
Páxina oficial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia
- Sitio web
-
https://economia.xunta.gal
Enlace externo para Galicia Crece
- Sector
- Administración pública
- Tamaño de la empresa
- De 201 a 500 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela
- Tipo
- Agencia gubernamental
Ubicaciones
-
Principal
Santiago de Compostela, ES
Actualizaciones
-
❗ Lorenzana subliña que o talento está vinculado á competitividade e ao desenvolvemento das empresas galegas ➡️ A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, clausurou a Feira pola empresa e o emprego en A Coruña, na que puxo en valor a estratexia económica do Goberno galego “pensada por e para a empresa” e baseada na desburocratización e na aceleración de proxectos industriais e do acceso ao solo 🔗 https://lnkd.in/d9sCk3A8
-
➡️ Lorenzana subliña que a competitividade das empresas está vinculada á descarbonización e á implantación das enerxías renovables ➡️ “Temos que avanzar no autoabastecemento dos nosos territorios, ligar de forma indisoluble o desenvolvemento industrial e enerxético ao abaratamento da enerxía”, defendeu a conselleira de Economía e Industria durante a súa intervención no VII Congreso internacional de directivos de APD 🔗 https://lnkd.in/dFd7hPyp
-
🪡 Lorenzana avalía coa Confederación de Industrias Textiles de Galicia (Cointega) estratexias de modernización e innovación para abordar os retos do sector na Comunidade galega 🔗 https://lnkd.in/drrnuN89
-
🌳 A Axencia Galega da Industria Forestal asina dous convenios coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para promover a construción en madeira nas edificacións 🤝 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, oficializaron hoxe o documento ♻️ O obxecto deste acordo é incorporar sistemas construtivos que maximicen o uso de materiais de orixe biolóxica e reciclables como a madeira nas obras públicas de ampliación, rehabilitación, reforma e nova creación, para diminuír a pegada de carbono na edificación pública 🔗 https://lnkd.in/d65MNqg7
-
⏰ Recorda que o prazo para solicitar subvencións para o ano 2024 para proxectos de infraestructuras de almacenamento enerxético finalizan o próximo 18 de novembro. 👉 Entra xa en https://bit.ly/3ChcbEo
-
👷♀️ 👷♂️ Lorenzana avanza unha nova liña de axudas de máis de 1M€ para promover a seguridade industrial nos polígonos empresariais durante a clausura en Santiago do Congreso Anual de Seguridade Industrial ➡️ A conselleira de Economía e Industria apunta que estes apoios van dirixidos ás asociacións de empresarios e entidades de conservación e xestión de polígonos empresariais, para a instalación nestes espazos de sistemas de seguridade e vixilancia ou equipamentos de protección antiincendios, entre outros ➡️ Lembra a posta en marcha este ano do Consello Galego de Seguridade Industrial e dun plan extraordinario de inspeccións para reforzar o plan anual 🔗 https://lnkd.in/dF-HCnDT
-
Sabías que o Igape - Instituto Galego de Promoción Económica colabora con aceleradoras especializadas no sector da 🛩️ aeronáutica e a 🚘 automoción? O seu obxectivo e promover e acompañar a creación de empresas dentro destes sectores estratéxicos. Se che interesa, entra en https://bit.ly/3AzeFO8
-
Lorenzana anuncia a creación dunha área específica de innovación dotada con máis de 60 M€ para fortalecer o tecido produtivo, durante a inauguración da XXII edición do GaliciTIC 👉 Subliña que beneficiará especialmente ás pemes que son as que teñen máis dificultades para apostar polas tecnoloxías 👉 Destaca que o sector das TIC en Galicia é “moi frutífero e dinámico en canto á súa evolución e perspectivas” e que a galega é “a quinta rexión de España en número de empresas” 🔗 https://lnkd.in/dnwM_EzT
-
O sector do contract en Galicia sitúa á nosa rexión como referencia a nivel mundial dentro desta área de actividade económica, cunha facturación conxunta de máis de 1.000 millóns, que ten presenza en 100 países e cuxas empresas realizaron xa máis de 10.000 proxectos construtivos en 600 cidades de todo o mundo 🌍. A canle contract fai referencia ao conxunto de empresas que ben ofertan ou ben demandan produtos e servizos orientados a diversas actividades, como son: o deseño, fabricación, posta ao dispor e instalación de bens.