Onte, nosa xerente, Elena Herbello, estivo presente na reunión da comisión de patrimonio e historia do proxecto Bluegrowth do Porto de Vigo. A Comisión Europea sinala ao Porto de Vigo como un modelo de crecemento sostible. xa que se converteu nun pioneiro na implementación das políticas de Economía Azul, proceso no que participa o GALP Ría de Vigo - A Guarda. #bluegrowth #economiaazul ##economiamarítima
GALP Ría de Vigo - A Guarda
Organizaciones sin ánimo de lucro
Vigo, Pontevedra 164 seguidores
Entidad colaboradora de la administración para gestionar ayudas europeas
Sobre nosotros
Gestionamos ayudas de la Unión Europea
- Sitio web
-
https://galp.xunta.gal/
Enlace externo para GALP Ría de Vigo - A Guarda
- Sector
- Organizaciones sin ánimo de lucro
- Tamaño de la empresa
- De 2 a 10 empleados
- Sede
- Vigo, Pontevedra
- Tipo
- Asociación
- Fundación
- 2009
Ubicaciones
-
Principal
Avenida de Beiramar, 49, 36202., Vigo (Galicia)
3º, oficina 5
Vigo, Pontevedra 36202, ES
Actualizaciones
-
Onte, nosa xerente, Elena Herbello, estivo presente na reunión da comisión de patrimonio e historia do proxecto Bluegrowth do Porto de Vigo. A Comisión Europea sinala ao Porto de Vigo como un modelo de crecemento sostible. xa que se converteu nun pioneiro na implementación das políticas de Economía Azul, proceso no que participa o GALP Ría de Vigo - A Guarda. #bluegrowth #economiaazul ##economiamarítima
-
Nosa xerente, Elena Herbello, estivo presente na xornada informativa organizada polo Galp Ría De Arousa baixo o título, "GALPs: unha ferramenta para o territorio". Tras a benvida institucional do Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz, a Directora do CETMAR, Rosa Chapela e a Vicepresidenta do GALP Ría de Arousa, María José Vales, mostráronse uns relatorios do CETMAR, de Arousa Moza e o vídeo “Mexillonaria”. A parte final estivo dedicada a bos exemplos de cada un dos GALP de #galicia, oportunidade que aproveitou nosa xerente para mostrar o proxecto Os Mares da Baixura II.
-
O venres, 15 de novembre, tivo lugar no edificio da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra (Porto de Arcade, Soutomaior), unha presentación de casos de éxito de varios GALP gallegos. A xornada, que reuniu un bo número de asistentes, iniciouse con unha benvida institucional por parte de Juan Manuel Gregorio, Presidente do GALP Ría de Vigo - A Guarda; Marta Villaverde, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e Manuel Lourenzo Sobral, Alcalde do Concello de Soutomaior. Inmediatamente despois, comenzaron as presentacións dos diversos proxectos por parte dos promotores e das xerencias dos outros GALP,s aos que lles agradecemos enormemente a súa colaboración. #sectorpesquero #sectorpesqueiro #pescaymarisqueo #pescaemarisqueo #mariscodegalicia #mariscogalego #mariscogallego
-
+3
-
Algúns dos proxectos que apoiamos cos #FondosEuropeos #FEMPA son realmente imaxinativos, porque souberon descubrir unha necesidade. Este é o caso da empresa de Moaña, TIerra y Mar Multiaventura, S.L., quen creou Galicia Film Boats, entidade desde a que ofertan material náutico específico para produtoras de ficción ou de documentais que desexen gravar nos nosos mares. Imos velo!
-
O próximo 15 de novembro organizaremos unha xornada na que outros GALP de #galicia presentarannos algúns exemplos de BOAS IDEAS que poden servir de inspiración para os novos promotores do noso territorio GALP Ría de Vigo - A Guarda. Será ás 11.00 horas nas instalacións da FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PONTEVEDRA, no Porto de Arcade (Concello de Soutomaior) Inscrición xornada: https://lnkd.in/dUS5AkcU
-
A Cidade da Cultura acolleu o acto de presentación da Estratexia da Economía Azul de Galicia, á que asistiron o presidente e a xerente do noso GALP, Juan Manuel Gregorio e Elena Herbello. Co lema "Onde o mar nos conecta", a Estratexia da Economía Azul de Galicia pon en valor a relación histórica da comunidade co mar, co seu futuro, coa natureza e coas persoas. Así, promove o compromiso co coidado da súa biodiversidade mediante prácticas sostibles, como a economía circular e o uso de enerxías limpas. Outro dos obxectivos fundamentais desta estratexia é asegurar que a economía azul sexa máis xusta e equitativa. O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou a aposta pola formación das novas xeracións e pola promoción da igualdade de xénero e a inclusión, con medidas que buscan un sector aberto a todos e xerador de novas oportunidades.
-
Hoxe, 5 de novembro, a Unión de Consumidores de Galicia e a Confederación ConsumES co patrocinio da Consellería do Mar organizaron a Xornada Plant Based, Alimentos e bebidas de base vexetal: perspectivas, e regulación?, na sede do Centro tecnológico del Mar-Fundación Cetmar en Vigo, á que asistiu a nosa xerente, Elena Herbello. Consistiu nun evento divulgativo no que representantes da administración, do sector produtivo, distribución, académico e consumidores analizaron o actual marco regulatorio e a oportunidade da súa revisión.
-
Conservar o patrimonio subacuático, «un reto social e cultural», segundo o Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC https://lnkd.in/dRs55w-Y
-
Onte, mércores 30 de outubro, tivo lugar na Confraría da Guarda unha xornada de divulgación do proxecto LONSOLAR. Unha proposta da Confraría da Guarda consistente nun investimento para a instalación dun sistema de placas solares fotovoltáicas, para xerar enerxía limpa nas instalacións da Lonxa e outras estruturas do porto da Guarda. Instalación subvencionada cos #FondosEuropeos #FEMPA xestionados pola nosa entidade. Ao acto asistiu nosa xerente, Elena Herbello.