Publicación de Business Factory Food

🔙 Jaime Martín foi o encargado de arrancar o programa do #DemoDay de Business Factory Food V e VI Edición na Cidade da Cultura. O Founder & CEO de Lantern Innovation compartiu unha análise brillante sobre os retos e oportunidades que están a marcar o futuro do sector alimentario. 💡 Jaime destacou temas clave como a agricultura rexenerativa, que combina tradición e innovación para un modelo sostible; as dietas #plantbased, onde España aínda ten moito camiño por percorrer; o #packaging sostible, con envases de bioplásticos que están a transformar a cadea de valor; a explosión sensorial, con sabores como o picante en alza; e a diversidade demográfica, que introduce novos sabores e experiencias culturais no panorama alimentario. Dende Business Factory Food queremos agradecer a Jaime por enriquecer esta xornada e ofrecernos claves prácticas e inspiradoras que xa están a ser aplicadas polas startups que forman parte da aceleradora #BFFood. ➡ BFFood é a aceleradora do sector alimentario galego, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración con Igape - Instituto Galego de Promoción Económica e Xesgalicia. #FoodTech #InnovaciónAlimentaria #Sustentabilidade #Startups #BFFood

  • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Ver temas