Publicación de Consello Consultivo de Galicia

🌊 Un paso histórico para Galicia e o seu vínculo co mar 🌊 O Consello Consultivo de Galicia desempeñou un papel crave no camiño cara á xestión directa do noso litoral. Co informe CCG 227/2022, emitido o 20 de xullo de 2022, concluíuse que Galicia ostenta competencias nesta materia, segundo o establecido no seu Estatuto de Autonomía. Este informe marcou o inicio dun proceso que culminou coa sentenza do Tribunal Constitucional en abril de 2024, na que se desestimou a práctica totalidade do recurso do Goberno central contra as competencias en materia de ordenación do litoral. Onte, o presidente da Xunta de Galicia confirmou o "acordo co Goberno para a transferencia a Galicia, por fin, da xestión do noso litoral". 🔎 Desde o Consello Consultivo de Galicia seguiremos traballando con rigor e compromiso. Podedes encontrar a noticia en: 📌Diario de Pontevedra: https://lnkd.in/drJCQug5 📌El Correo Gallego: https://lnkd.in/d_m6wmem 📌elDiario.es: https://lnkd.in/dHPYJy6a 📌Faro de Vigo: https://lnkd.in/dqV47uHg 📌GALICIAPRESS: https://lnkd.in/dj7uyxPC 📌La Razón: https://lnkd.in/dNyv7b4s 📌La Voz de Galicia: https://lnkd.in/dbxaSkn4 📌SER: https://lnkd.in/dxznbmhT

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Ver temas