Publicación de GALP Ría de Pontevedra

👥 Este martes, desde o GALP Ría de Pontevedra, asistimos a unha xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, xunto aos demais GALP e a Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) para abordar a posta en marcha do Foro do litoral, un instrumento previsto na Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga). 🌊 O Foro do Litoral será o principal órgano colexiado de participación, asesoramento e consulta en cuestións relacionadas coa ordenación do litoral. Segundo establece a lei, estará integrado por representantes das administracións públicas, universidades, entidades científicas, organizacións dos sectores produtivos, asociacións ambientais e outras institucións dedicadas á defensa e preservación do patrimonio cultural e marítimo-pesqueiro. 📸 Xunta de Galicia #GALP #GALPRíaDePontevedra #CulturaMariñeira #OMarPorBandeira

  • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Ver temas