Acadar a Vía Verde mais longa de Galicia coa posta en valor das antigas vías ferroviarias, reutilizando 26 quilómetros da parte que unía Santiago coa Coruña, segue a ser o obxectivo principal da asociación de concellos integrada por Cerceda, Oroso, Ordes, Tordoia e Santiago promovendo ademais unha nova cultura do lecer e dun estilo de vida saudable 🚴♀️ 🚶♀️
No pasado ano, os catro contadores instalados ó longo do percorrido recolleron as 28 mil persoas que se achegaron a coñecer este itinerario, tanto a pé como en bicicleta, demostrando unha vez mais o incremento de visitantes e a crecente aposta dos e das usuarias por este tipo de actividades ao aire libre.
A Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle é un dos itinerarios da rede de Vías Verdes española, na que levamos algo máis de un ano traballando como asistencia técnica. Este ano será clave, xa que continúan a executarse as actuacións en materia de promoción turística dentro do Plan de Sostenibilidade Turística en Destinos, concedido íntegramente para este proxecto. O seu principal obxectivo é impulsar o destino turístico da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle como unha alternativa de turismo sostible basada no desenvolvemento dun produto turístico singular a partir da gastronomía e os demais de recursos materiais e inmateriais do territorio (patrimonio histórico, paisaxístico, cultural...). Ademais, antes de que remate o ano e grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña, executaránse máis actuacións en materia de visibilidade, tanto entre a poboación local como entre os e as visitantes.
Fundación Ferrocarriles Españoles