Publicación de Universidade da Coruña

Máis de 600 persoas traballan en máis de 250 proxectos nos 3 centros de investigación da UDC con acreditación de excelencia da Xunta de Galicia. A #UDC incrementa a súa relevancia neste programa de excelencia coa renovación da acreditación do CITIC Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña e a incorporación recente do CICA UDC Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía e o CITEEC - Research & Innovation Centre on Civil Engineering and Building, aos que se suma o centro interuniversitario ECOBAS - Economics and Business Administration for Society. O traballo e os resultados destes centros, que lles permitiu unha captación de fondos global superior aos 39 millóns de euros no período 2020-2022, foi presentado esta mañá en rolda de prensa na Reitoría da UDC. A presentación correu a cargo do vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas, e os directores dos tres centros de investigación da Universidade: Manuel F. González Penedo, do CITIC; Jaime Rodríguez González, do CICA; e Fernando Martínez Abella, director científico do CITEEC. Máis información en https://lnkd.in/dwU7FNPR

  • No hay descripción de texto alternativo para esta imagen

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Ver temas