Sobre a cobertura de alta velocidade de R no rural galego, minorando a pegada da fenda dixital

Sobre a cobertura de alta velocidade de R no rural galego, minorando a pegada da fenda dixital

R leva xa case 25 anos depregando rede e traballando para dotar de servizos de telecomunicacións de última xeración a Galicia, non si?

R foi pioneira na despregadura de fibra óptica en Galicia en1998. E dende entón, non paramos. Nunha primeira fase, nas 7 principais cidades galegas e as súas áreas de influencia; nunha segunda, de 2004 a 2008, co plan de extensión de troncais achegámonos ás vilas de máis de 5.000 habitantes con presenza en máis de 100 concellos galegos; en 2008 incorporamos o servizo móbil cunha das primeiras ofertas converxentes do país; de 2016 a 2018 fomos o único operador que acudiu ao Plan de Banda Larga 2020 de Xunta para levar a fibra a máis de 80 polígonos empresariais; e seguimos logo incorporando as pegadas doutros operadores… e agora a do provedor galego Rede Aberta, renovando o noso compromiso de ofrecer os nosos servizos avanzados de comunicacións por fibra óptica a máis de 1,7 millóns de fogares e empresas galegas repartidas por máis de 300 concellos de Galicia.

_Ata que punto confiabades en que ás portas de 2024 R estaría dando servizo no rural en tantos recunchos de difícil acceso por mor da difícil orografía galega? Onde está a clave deste percorrido de avance permanente, ano tras ano?

A clave radica en que R leva investidos arredor de 1500 millóns de euros en Galicia, máis de 900 só na despregadura da rede de fibra óptica en Galicia, co apoio de distintos programas rexionais e nacionais por arredor dun 10% desta cifra. O mérito da despregadura da nosa rede é dos/as clientes/as e dos/as accionistas en todas as etapas da historia da compañía, dende os seus comezos con Unión Fenosa, Caixanova, Banco Pastor… pasando polos propietarios de Euskaltel ou agora, integrados no grupo MASMOVIL que nos deu un forte empurrón de máis de 100 millóns de investimento fundamentalmente destinado á actualización e transformación da rede de coaxial a fibra simétrica, multiplicando por 2,4 veces o número de antenas para ofrecer hoxe o servizo móbil con maior cobertura e dispoñibilidade do mercado.

_E que queda por diante, que está aínda por facer en R, chegado este punto?

R está a estender a cobertura móbil con 5G, hoxe en 224 concellos galegos, con máis do 90% da poboación cuberta, e a vontade de superar o 98% nos vindeiros meses. Grazas a isto xa podemos falar de servizos avanzados de telecomunicacións en Parada de Sil pero tamén en Oza-Cesuras, e dende Monforte a Melón, de Cangas a Sarreaus, dende Salceda de Caselas e Vila de Cruces a Xunqueira de Ambía… E así ata 224 onde van dispor dun acceso móbil de calidade 10 veces superior ao do ADSL, para lle achegar os servizos de comunicacións e as tecnoloxías habilitadoras da transformación dixital de fogares e empresas a cada recuncho de Galicia. De feito, R foi tamén pioneira en Galicia coa solución dun router 5G e wifi con tarifa plana en maio de 2022, solución que o grupo MASMOVIL estendeu un ano despois a todas as súas marcas a nivel nacional tras o éxito galego.

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Otros usuarios han visto

Ver temas