Saltar ao contido

Aerosol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contaminación por aerosol na India setentrional e Bangladesh.

En enxeñería ambiental, denomínase aerosol a un coloide de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas. O termo aerosol refírese tanto ás partículas como ao gas no que as partículas están suspendidas.[1] O tamaño das partículas pode ser desde 0,002 µm a máis de 100 µm, isto é, desde unhas poucas moléculas ata o tamaño no que ditas partículas non poden permanecer suspendidas no gas polo menos durante unhas horas.[2])

Usos e características

[editar | editar a fonte]

Ás veces, os aerosois son empregados como drogas para a súa inhalación. O termo "inhalantes" se utiliza para describir unha variedade de substancias cuxa característica común é que rara vez, ou nunca, son empregadas por outra ruta que non sexa pola de inhalación e o seu consumo ten a intención de provocar algún efecto no organismo do consumidor.

Os aerosois son difusores que conteñen propulsores e disolventes. Estes inclúen as pinturas pulverizadas, atomizadores para desodorizantes e fixadores de pelo, difusores de aceite vexetal para cociñar e difusores para protexer tecidos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aerosol.
  2. Manuel Santiago Aladro (2012). "ESTUDIO DE LA FORMACIÓN DE AEROSOLES ORGÁNICOS SECUNDARIOS EN UN MODELO FOTOQUÍMICO MEDIANTE EXPERIMENTOS EN UNA CÁMARA DE SIMULACIÓN ATMOSFÉRICA" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2016. Consultado o 28 de xuño do 2020. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  翻译: