Saltar ao contido

Capitulacións de Santa Fe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capitulaciones de Santa Fe. Rexistro do Arquivo da Coroa de Aragón. Anteriormente denominado Arquivo Real de Barcelona.

As Capitulacións de Santa Fe son os documentos subscritos o 17 de abril de 1492, na localidade de Santa Fe, (Granada) polos Reis Católicos, que recollen os acordos alcanzados entre os reis e Cristovo Colón relativos á expedición ás Indias polo mar cara a occidente.

Neste documento outórganselle os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral en todos os territorios que descubrise ou gañase durante a súa vida, así como a décima parte de todos os beneficios obtidos, nomeando como herdeiros aos seus sucesores de forma vitalicia. Tamén se lle concedeu un décimo de todas as mercadorías que achase, gañase e houbese nos lugares conquistados. Están asinadas polo secretario de Fernando e home de confianza, Luís de Santángel[1]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Son ben coñecidas as vicisitudes que pasou Cristovo Colón, primeiro en Lisboa, onde viviu dez anos, e logo en España, tratando de vender o seu proxecto de que navegando cara ao Oeste polo Mar Oceánico (hoxe océano Atlántico) podía chegarse á India, dada a súa crenza de que a terra era redonda como unha bóla. Os reis portugueses e españois non facían caso ás ideas do navegante xenovés, ata que Luís de Santángel e outros comerciantes que financiarían a primeira viaxe de Colón, convenceron á raíña Isabel das vantaxes da "Empresa de Indias".

Logo de longas negociacións entre Colón e os Reis Católicos, asinouse un documento na Vila de Santa Fe de la Vega de Granada. Santa Fe era a cidade fundada sobre o campamento que Isabel a Católica estableceu como cuartel xeral para a conquista de Granada. As capitulacións asináronse xa finalizada a conquista de Granada, en abril de 1492, meses antes da partida da primeira viaxe.

Naqueles anos chamábase Capitulacións ao contrato asinado entre os monarcas con particulares para emprender determinadas accións. Dese xeito, a conquista dos novos territorios faríase con particulares, non con exércitos de Estado. Co correr dos anos América convertíase no niño dos aventureiros europeos que desexaban emprender viaxes en busca de riquezas.

  1. O orixinal das Capitulaciones non se conserva, o que se conserva na actualidade, no Arquivo Xeral de Indias, é un testemuño autorizado dentro da unidade Padroado coa signatura PADROADO,295,N.2, e un asento nun rexistro cedulario na unidade Indiferente Xeneral coa signatura INDIFERENTE,418,L.1,F.1R-1V, e no Arquivo da Coroa de Aragón, un rexistro de Cancillería dentro da unidade Arquivo Real (Real Cancillería), coa signatura ARQUIVO DA COROA DE ARAGÓN, REAL CANCILLERÍA, REXISTROS, NÚM.3569, nos folios 135v-136v.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  翻译: