Saltar ao contido

Carril bici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carril bici no barrio de Caranza en Ferrol

Carril bici ou ciclovía é o nome que se dá á parte da infraestrutura pública ou outras áreas destinadas de forma exclusiva ou compartida para a circulación de bicicletas. A ciclovía pode ser calquera carril dunha vía pública que foi sinalizado para este propósito ou unha vía independente onde se permite o tránsito de bicicletas.

Tipos de vías

[editar | editar a fonte]

Vías reservadas: son as rutas onde se permite a circulación de bicicletas (e normalmente tamén de peóns), porén non ós automóbiles ou outros vehículos a motor. Exemplos de vías reservadas ciclistas son as vías verdes ou ciclovías a través de parques. En cidades, poderían considerarse vías reservadas ciclistas aquelas rúas peoniles onde estea permitida a circulación de bicicletas.

Vías segregadas: son as que transcorren ó longo dunha ruta na que tamén circulan vehículos a motor, e na que se delimita unha porción específica do ancho da vía para as bicicletas. Exemplos de vías segregadas son os "carriles bici" ou as "beirarrúas bici".

Vías integradas (ou compartidas): son as vías nas que os usuarios de bicicleta e os de vehículos a motor circulan polo mesmo espazo, de acordo coas normas de tráfico comúns a todos os vehículos. As vías integradas poden recibir un tratamento propio, como a sinalización específica ou tráfico lento, para facilitar a circulación das bicicletas.

  翻译: