Saltar ao contido

Cultivar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O 'Pink Whirls' é un dos numerosos cultivares de Osteospermum.
'Lemon Symphony' é outro dos cultivares de Osteospermum.

Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu un nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal. O termo non ten o mesmo significado cá designación taxonómica variedade ou có termo legal variedade de planta utilizado no comercio de plantas e as súas sementes[1]. O concepto foi oficialmente adoptado no XIII Congreso de Horticultura, realizado en Londres (1952), co obxectivo de distinguir as variedades cultivadas das de ocorrencia natural.

  1. Jenks, Dr. Matthew A. Purdue University, Department of Horticulture and Landscape Architecture, ed. "Plant Nomenclature" (en inglés). Arquivado dende o orixinal (html) o 11 de decembro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2009. 
  翻译: