Jyväskylä
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | ||||
Rexión | Finlandia Central | ||||
Capital de | Finlandia Central (2010–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 147.856 (2024) (126,26 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Jyväskylä | ||||
Superficie | 1.171,03 km² | ||||
Bañado por | Päijänne (pt) e Jyväsjärvi (en) | ||||
Altitude | 90 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1837 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Timo Koivisto (pt) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Jyväskylä City Council (en) , (Escano: 67) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 40014 - 40740 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Minturno (pt) concello de Eskilstuna (1947–) Stavanger (1947–) Esbjerg (pt) (1947–) Enköping (municipio) (1947–) Fjarðabyggð (pt) (1958–) Iaroslavl (pt) (1966–) Debrecen (1970–) Poznan (1974–) Potsdam (1985–) Mudanjiang (pt) (1988–) Tartu (pt) (1991–) Niiza (1997–) Banská Bystrica (2006–) Kunming (2008–) Jining (pt) (2018–) | ||||
Sitio web | jyvaskyla.fi | ||||
Jyväskylä é unha cidade finlandesa, é a capital e a cidade máis poboada da rexión de Finlandia Central. A cidade é coñecida como a "Atenas de Finlandia" polos numerosos centros educativos que ten. A cidade tamén é famosa polos edificios deseñados por Alvar Aalto, e por ser a sede do Rally de Finlandia e do Festival de Jyväskylä.
Demografía
[editar | editar a fonte]Poboación
[editar | editar a fonte]Jyväskylä foi a cidade finlandesa que maior crecemento experimentou no século XX. A poboación continuou a medrar no século XXI.[1][2][3]
Ano | 1838 | 1850 | 1860 | 1900 | 1939 | 1952 | 1960 | 1970 | 1990 | 1997 | 2010 | 2012 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación de Jyväskylä | 189 | sobre 500 | sobre 1.000 | 3.000 | 10.091 | 31.504 | 42.768 | 59.954 | 66.431 | 75.353 | 130.816 | 131.997 |
Linguas
[editar | editar a fonte]A lingua predominante entre os habitantes de Jyväskylä e o finés, falado polo 96,7% da poboación como lingua materna en 2010. A porcentaxe de falantes de sueco é dun 0,2%, mentres que os falantes doutras linguas son un 3% da poboación.
Inmigración
[editar | editar a fonte]A finais do ano 2010 a cidade tiña arredor de 3.100 estranxeiros. A meirande parte dos inmigrantes da cidade proceden de Afganistán, Rusia, Estonia e Irán.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Jyväskylä foi fundada o 22 de marzo de 1837 polo tsar Nicolao I de Rusia e construída do nada. A vila orixinal estaba situada entre o lago Jyväsjärvi (que está conectado ao lago Päijänne) e Harju, o monte de Jyväskylä, e consistía na meirande parte do centro urbano actual. A principios do século XX a cidade experimentou un notable crecemento. A meirande ampliación tivo lugar logo da Guerra de Continuación (segunda guerra mundial), cando acolleu aos refuxiados de Carelia e doutros puntos do país. Hoxe en día Jyväskylä ten un crecemento duns 1.000 habitantes por ano.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Jyväskylä está situada na Järvi-Suomi (Finlandia Lacustre), habendo ata 328 lagos na cidade. Os lagos e ríos constitúen un 20,1% (295 km2) da superficie total da cidade. Os lagos máis grandes son o Päijänne, o Leppävesi, o Tuomiojärvi, o Palokkajärvi, o Luonetjärvi e o Alvajärvi-Korttajärvi. O centro da cidade está situado á beira do pequeno Jyväsjärvi.[5]
A paisaxe de Jyväskylä é montañosa, boscosa e chea de auga. O arquitecto Alvar Aalto comparou a paisaxe montañosa de Jyväskylä coa Toscana italiana: "A pendente de Jyväskylä é case coma as montañas de viñedos de Fiesole".[6]
Clima
[editar | editar a fonte]A latitude é o factor que máis condiciona o clima de Jyväskylä. Debido á súa situación setentrional, o inverto é longo, con neve, frío e escuro. Durante os meses centrais do inverno a cidade ten unicamente cinco horas de luz. Os veráns son suaves e cunha temperatura diaria media máxima de 22 °C en xullo. Durante o verán Jyväskylä experimenta longos días e noites luminosas coma o sol da media noite.
Jyväskylä | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media máxima (°C) | -5,1 | -4,7 | 0,4 | 7 | 14,8 | 19 | 21,8 | 19 | 13 | 6,4 | 0,3 | -3,3 | |
Temperatura media mínima (°C) | -12 | -12,7 | -8,3 | -2,7 | 2,7 | 7,9 | 10,9 | 9,2 | 4,7 | 0,8 | -4,5 | -9,5 | |
Precipitacións (mm) | 45 | 32 | 36 | 35 | 44 | 67 | 84 | 78 | 55 | 66 | 54 | 47 | |
Fonte: Climatological statistics for the normal period 1981–2010[7] |
Deportes
[editar | editar a fonte]O principal deporte da cidade é o hóckey sobre xeo, o seu principal equipo, o JYP, compite na máxima categoría deste deporte no país, a SM-liiga, competición que gañou en 2009 e 2012. O seu equipo de fútbol xoga na terceira división.
A cidade tamén é coñecida por ser a sede do Rally de Finlandia, que xeralmente se disputa na rexión a primeira fin de semana de agosto, atraendo a gran cantidade de público.
Jyväskylä é un dos catro principais centros do salto de ski do país, sendo a cidade natal do gran campión finlandés desta modalidade, Matti Nykänen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A short history of Jyväskylä". A short history of Jyväskylä. City of Jyväskylä. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016.
- ↑ "Jyväskylän kaupungin elinkeinoelämän vaikuttavuus 1990-luvulla" (PDF). Jyväskylän kaupungin elinkeinoelämän vaikuttavuus 1990-luvulla. University of Jyväskylä.
- ↑ "Mouvement de la Population de Finlande en 1939" (PDF). Official Finnish population statistics 1939. Finnish Government.
- ↑ "City of Jyväskylä: For immigrants". City of Jyväskylä. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012.
- ↑ "Jyväskylä". Järviwiki. Finland's Environmental Administration. 2012.
- ↑ Nature and space: Aalto and Le Corbusier, en Routledge (2003)
- ↑ Finnish Meteorological Institute (2011). "Tilastoja Suomen ilmastosta - Climatological Statistics of Finland". Finnish Meteorological Institute.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.