Kerch
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Керч (uk) Keriç (crh) Керчь (ru) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Ucraína | |||
República autónoma | República Autónoma de Crimea | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 104.443 (1939) (967,06 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua tártara de Crimea lingua ucraína lingua rusa | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 108 km² | |||
Altitude | 10 m | |||
Creación | 610 a. C. | |||
Organización política | ||||
Órgano lexislativo | Kerch City Council (en) , | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98300–98399 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | +380-6561 e +7-36561 | |||
Identificador KOATUU | 0111200000 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | kerch.rk.gov.ru | |||
Kerch (ucraíno: Керч, ruso: Керчь, tártaro de Crimea: Keriç) é unha cidade portuaria do sur de Ucraína, situada na costa oriental da península de Crimea. A cidade áchase no estreito de Kerch que comunica o mar de Azov co mar Negro. Ademais de ser un porto pesqueiro, desenvolve unha intensa actividade manufactureira derivada da súa localización nunha rexión produtora de mineral de ferro e gas natural. Conta, polo tanto, con estabelecementos metalúrxicos (ferro e aceiro) e químicos, fábricas de maquinaria e de transformación do pescado.
A cidade é sede dun instituto de investigacións oceanográficas. Entre os lugares de interese conta cun museo arqueolóxico e coa igrexa de San Xoán Bautista, que data do século VIII. A cidade foi fundada no século VI a. C. co nome de Panticapaea; era nas súas orixes unha colonia grega. Despois do século V a. C. e durante uns cantos séculos, a cidade e os seus arredores foron posesión do reino independente do Bósforo. A principios do século XIV era unha colonia de Xénova e en 1475 caeu en mans do Imperio Otomán. Rusia anexionouna en 1771 durante unha das contendas ruso-turcas. No transcurso da guerra de Crimea resultou seriamente danada, e o mesmo ocorreu durante a segunda guerra mundial. A súa poboación, segundo estimación de 1990 era de 176.000 habitantes.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |