Saltar ao contido

Martha Raye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartha Raye

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1916 Editar o valor en Wikidata
Butte, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1994 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFort Bragg Main Post Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónProfessional Children's School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, canto e Actuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, cantante, humorista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1991–1994), morte da persoa
valor descoñecido (1956–1960), divorcio
valor descoñecido (1954–1956), divorcio
valor descoñecido (1944–1953), divorcio
valor descoñecido (1941–1944), divorcio
David Rose (1938–1941), divorcio
Bud Westmore (1937–1937), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0713106 Allocine: 775 Allmovie: p59028 107839 IBDB: 68587
BNE: XX1627219 Musicbrainz: eb608fc1-fc6b-435f-8d1e-90a7c9930a77 Discogs: 313119 Allmusic: mn0000366889 WikiTree: Reed-9583 Find a Grave: 2334 Editar o valor en Wikidata

Margy Reed,[1][2] nada en Butte, Montana, o 27 de agosto de 1916 e finada nos Ánxeles o 19 de outubro de 1994, foi unha actriz cómica e cantante estadounidense coñecida como Martha Raye e alcumada The Big Mouth. Actuou en filmes e na televisión, así como en obras de Broadway.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O pai de Raye, Peter F. Reed Jr., era un inmigrante irlandés e a súa nai , Maybelle Hazel (Hooper) Reed, criouse en Milwaukee e Montana.[4] Ambos actuaban nun teatro local de vaudeville baixo o nome de "Reed and Hooper".[5] A primeira aparición de Martha en escena tivo lugar aos tres anos de idade. Actuaba xunto ao seu irmán Bud, e os dous nenos acadaron tal éxito que o número pasou a chamarse "Margie and Bud". Especúlase que a canción de Judy Garland "I was born in a trunk", interpretada no filme A Star Is Born, estaba inspirada nos inicios de Raye.

Continuou a actuar mentres estuaba na Professional Children's School de Nova York, mais a súa instrución non chegou a destacar.

A principios da década de 1930, Raye era cantante das orquestras de Paul Ash e Boris Morros. A súa primeira actuación no cinema chegou en 1934 nunha curtametraxe titulada A Nite in the Nite Club. En 1936 asinou un contrato con Paramount Pictures para interpretar papeis cómicos. A súa primeira longametraxe foi Rhythm on the Range, filme en que actuou Bing Crosby. Nos seguintes vinte e seis anos actuou xunto aos mellores humoristas do momento, incluídos Joe E. Brown, Bob Hope, W.C. Fields, Bud Abbott e Lou Costello, Charlie Chaplin e Jimmy Durante.

Tralo inicio da segunda guerra mundial uniuse á United Service Organizations.[6][7] Ademais de nesta contenda, viaxou coa USO entretendo as tropas durante a guerra de Corea e a guerra de Vietnam.

Raye foi unha das primeiras estrelas televisivas nos inicios do medio; durante un tempo tivo un programa propio, The Martha Raye Show (1954-1956), en que estaba acompañaba do boxeador retirado Rocky Graziano. Outras estrelas que actuaron no seu programa foron Zsa Zsa Gabor e Cesar Romero. Tamén interveu noutros programas na década de 1950, como "What's My Line?". Trala desaparición do seu programa e diversos problemas de saúde unidos á rotura do seu quinto matrimonio, a artista intentou suicidarse empregando hipnóticos o 14 de agosto de 1956.

En 1970 foi Boss Witch na longametraxe Pufnstuf, producido por Sid e Marty Krofft. Grazas a este papel foi escollida para interpretar a Benita Bizarre en The Bugaloos (1970), producida tamén por Krofft.

Actuou con frecuencia como convidada noutros programas, particularmente naqueles en que participaban actores de idade como a serie da ABC The Love Boat ou programas de variedades como The Roy Rogers and Dale Evans Show, tamén da ABC. Así mesmo, interpretou durante dous anos a nai de Mel Sharples na serie da CBS Alice. Outras series en que traballou ou fixo cameos foron Murder, She Wrote, da CBS, e The Andy Williams Show e McMillan and Wife, ambas da NBC.

Nos seus últimos anos, Raye sufriu diversos problemas de saúde. Padecía alzhéimer e perdeu ambas as pernas en 1993 por mor de problemas circulatorios. Faleceu por unha pneumonía en 1994. Tiña 78 anos de idade e residía nos Ánxeles no momento da súa morte. Debido ao seu traballo coa USO, considerouse darlle sepultura no Cemiterio Nacional de Arlington, aínda que finalmente a petición súa foi soterrada con honras militares en Fort Bragg, Carolina do Norte.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Raye recibiu na 41ª edición dos Óscar en 1969 o Premio Humanitario Jean Hersholt polos seus esforzos e servizos ás tropas.

O 2 de novembro de 1993, Raye foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade, concedida polo presidente Bill Clinton en consideración aos seus servizos ao país.[6][7]

Raye ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood, unha no 6251 de Hollywood Boulevard pola súa dedicación ao cinema, e outra no 6547 pola súa actividade televisiva.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A vida persoal de Raye foi complexa e emocionalmente tumultuosa.[8] Casou en sete ocasións.

Os seus maridos foron:

  • O maquillador Hamilton "Buddy" Westmore, co que casou o 30 de maio de 1937 e do que se divorciou en setembro de 1937
  • O director e compositor David Rose, entre o 8 de outubro de 1938 e o 19 de maio de 1941
  • Neal Lang, desde o 25 de xuño de 1941 ao 3 de febreiro de 1944
  • Nick Condos, desde o 22 de febreiro de 1944 ao 17 de xuño de 1953, con quen tivo a súa única filla
  • Edward T. Begley, desde o 21 de abril de 1954 ao 6 de outubro de 1956
  • Robert O'Shea, desde o 7 de novembro de 1956 ao 1 de decembro de 1960
  • Finalmente Mark Harris, desde o 25 de setembro de 1991 ata a morte da actriz en 1994

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Four Star Revue (presentadora entre 1951 e 1953)
  • The Martha Raye Show (1954-1956)
  • The Roy Rogers and Dale Evans Show, episodio "Circus"
  • The Judy Garland Show (1964)
  • The Bugaloos (1970-1972)
  • Twas the Night Before Christmas (1977)
  • Skinflint: A Country Christmas Carol (1979)
  • The Gossip Columnist (1980)
  • Pippin (1981)
  • Alice (membro do elenco entre 1982 e 1984)
  • Alice in Wonderland (1985)
  1. Birth Certificate Arquivado 03 de febreiro de 2022 en Wayback Machine., ColonelMaggie.com; consultado o 16 de setembro de 2014.
  2. Tribune staff. "125 Montana Newsmakers: Martha Raye". Great Falls Tribune. Consultado o 28 de agosto de 2011. 
  3. Van Gelder, Lawrence (20 de outubro de 1994). "Martha Raye, 78, Singer And Comic Actress, Dies". New York Times. Consultado o 15 de decembro de 2014. 
  4. "The Milwaukee Sentinel". News.google.com – vía Google News Archive Search. [Ligazón morta]
  5. Van Gelder, Lawrence (20 de outubro de 1994). "Martha Raye, 78, Singer And Comic Actress, Dies". The New York Times. Consultado o 17 de xaneiro de 2008. 
  6. 6,0 6,1 Quigley, Samantha (26 de abril de 2013). "Martha Raye: Healing Through Humor". USO.org. United Service Organizations. Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Blazich, Frank (9 de novembro de 2021). Smithsonian Institution, ed. ""Maggie of the Boondocks": Martha Raye and a lifetime of service to the U.S. Armed Forces". National Museum of American History: O Say Can You See? blog. Consultado o 11 de novembro de2021. 
  8. Raye, Martha (25 de abril de 1954). "Me and My Big Mouth". The American Weekly. p. 7. Consultado o 8 de febreiro de 2011. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  翻译: