Montevideo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2010.) |
San Felipe y Santiago de Montevideo (es) | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Estado | Uruguai | ||||||||||
Departamento (pt) | Departamento de Montevideo | ||||||||||
Capital de | |||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 1.319.108 (2011) (1.807 hab./km²) | ||||||||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Superficie | 730 km² | ||||||||||
Bañado por | Río da Prata | ||||||||||
Altitude | 41 m | ||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Fundador | Bruno Mauricio de Zabala | ||||||||||
Creación | 24 de decembro de 1726 | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
• Xefe do goberno | Carolina Cosse (en) (2020–) | ||||||||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 11000–12000 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Prefixo telefónico | 2 | ||||||||||
ISO 3166-2 | UY-MO | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Sitio web | montevideo.gub.uy | ||||||||||
Montevideo é a capital e cidade máis grande do Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Prata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.
O famoso paseo da Rambla ten unha lonxitude de 27 km que se desenvolven de xeito paralelo á costa, facendo del un dos máis longos do mundo.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre 1680 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses do Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Prata, fronte a Buenos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española proveniente de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital do Uruguai.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vi eu", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo.[Cómpre referencia] A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Montevideo, Uruguay". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montevideo |