Saltar ao contido

Paul Watzlawick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Watzlawick

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1921 Editar o valor en Wikidata
Villach, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 2007 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Palo Alto, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Ca' Foscari de Venecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoterapia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, escritor de non ficción, sociólogo, psicólogo, psicoterapeuta, comunicologista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Interesado enPsicoloxía Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Watzlawick, Paul, 1921-2007, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2840936 BNE: XX967813 Dialnet: 1635242 Musicbrainz: 2565ae6f-6c7b-4ac7-999f-db1cd3e984ce Editar o valor en Wikidata

Paul Watzlawick, nado o 25 de xullo de 1921 en Villach, Austria, e finado o 31 de marzo de 2007 en Palo Alto, California, foi un teórico e psicólogo austríaco nacionalizado estadounidense.[1] Foi un dos principais autores da Teoría da comunicación humana e do Construtivismo radical, e unha importante referencia no campo da terapia familiar, terapia sistémica e, en xeral, da psicoterapia. Desde 1960, residiu e traballou toda a súa vida na cidade e Universidade de Palo Alto, en California.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras completar os seus estudos primarios en Villach, Paul Watzlawick estudou Psicoloxía e Filoloxía na Universidade de Venecia e graduouse en 1949. Traballou no Instituto C. G. Jung en Zúrich, onde recibiu outro diploma en 1954. Amosando un grande interese pola filosofía oriental e budista (en particular, a filosofía zen),[2] Paul decidiu partir cara a India e quedar alí durante un ano o que levou a que esas ideas filosóficas impregnaran parte da súa obra -por exemplo, usou os conceptos filosóficos kōan ou budistas para explicar mellor algunhas pasaxes das súas teorías. Sen afectar o rigor científico e expositivo, as ideas filosóficas e as concepcións desas culturas impregnaron sutilmente as obras máis maduras de Watzlawick, quen fixo uso ocasional dos conceptos filosóficos.

En 1960, foi convidado por D. Jackson a continuar as súas investigacións no Mental Research Institute de Palo Alto, no estado norteamericano de California. En 1967, comezou a impartir clases de Psiquiatría na Universidade de Stanford.[3] Alí, Watzlawick estudou en compañía dos seus colegas a teoría do Dobre Vínculo (Double Bind), aínda que a súa maior achega, en relación tamén co traballo de Gregory Bateson, é no campo da Pragmática da comunicación humana.

Tras levar longo tempo sufrindo unha grave enfermidade, Watzlawick faleceu o sábado 31 de marzo de 2007 en Palo Alto, aos 85 anos de idade.

Axiomas de Watzlawick

[editar | editar a fonte]

Segundo Watzlawick, existen cinco axiomas na súa teoría da comunicación humana[1]. Considéranse axiomas porque o seu cumprimento é indefectible; noutros termos, reflicten condicións de feito na comunicación humana, que nunca se achan ausentes. Noutras palabras: o cumprimento destes axiomas non pode, por lóxica, non verificarse.

  • É imposible non comunicarse: Todo comportamento é unha forma de comunicación. Como non existe forma contraria ao comportamento («non comportamento» ou «anticomportamiento»), tampouco existe «non comunicación».
  • Toda comunicación ten un nivel de contido e un nivel de relación, de tal maneira que o último clasifica ao primeiro, e é, por tanto, unha metacomunicación: Isto significa que toda comunicación ten, ademais do significado das palabras, máis información sobre como o que fala quere ser entendido e que lle entendan, así como, como a persoa receptora vai entender a mensaxe; e como o primeiro ve a súa relación co receptor da información. Por exemplo, o comunicador di: «Cóidache moito». O nivel de contido neste caso podería ser evitar que pase algo malo e o nivel de relación sería de amizade-paternalista.
  • A natureza dunha relación depende da gradación que os participantes fagan das secuencias comunicacionais entre eles: tanto o emisor como o receptor da comunicación estruturan o fluxo da comunicación de diferente forma e, así, interpretan o seu propio comportamento como mera reacción ante o do outro. Cada un cre que a conduta do outro é «a» causa da súa propia conduta, cando o certo é que a comunicación humana non pode reducirse a un sinxelo xogo de causa-efecto, senón que é un proceso cíclico, no que cada parte contribúe á continuidade (ou ampliación, ou modulación) do intercambio. Un exemplo é o conflito entre Israel e Palestina, onde cada parte actúa aseverando que non fai máis que defenderse ante os ataques da outra.
  • A comunicación humana implica dúas modalidades: a dixital e a analóxica: a comunicación non implica simplemente as palabras faladas (comunicación dixital: o que se di); tamén é importante a comunicación non verbal (ou comunicación analóxica: como se di).
  • Os intercambios comunicacionais poden ser tanto simétricos como complementarios: dependendo de si a relación das persoas comunicantes está baseada en intercambios igualitarios, é dicir, tenden a igualar a súa conduta recíproca (p. ex.: o grupo A critica fortemente ao grupo B, o grupo B critica fortemente ao grupo A); ou si está baseada en intercambios aditivos, é dicir, onde un e outro se complementan, producindo un axuste recíproco da relación (p. ex.: A compórtase de maneira dominante, B atense a este comportamento). Unha relación complementaria é a que presenta un tipo de autoridade (pai-fillo, profesor-alumno) e a simétrica é a que se presenta en seres de iguais condicións (irmáns, amigos, amantes etc.)

Comunicación fracasada entre individuos

[editar | editar a fonte]

Os fracasos na comunicación entre individuos preséntanse, cando:

  • Estes comunícanse nun código distinto
  • O código no que transmite a mensaxe foi alterado dentro da canle.
  • Existe unha falsa interpretación da situación.
  • Confúndese o nivel de relación polo nivel de contido.
  • Existe unha mala puntuación.
  • A comunicación dixital non concorda coa comunicación analóxica.

Comunicación exitosa entre individuos

[editar | editar a fonte]

A comunicación entre individuos é boa cando:

  • O código da mensaxe é correcto.
  • Evítanse alteracións no código dentro da canle.
  • Tómase en conta a situación do receptor.
  • Analízase o cadro no que se atopa a comunicación.
  • A puntuación está ben definida.
  • A comunicación dixital concorda coa comunicación analóxica.
  • O comunicador ten o seu receptor.

Obras do autor

[editar | editar a fonte]

Watzlawick é autor de 18 libros (traducidos a 85 idiomas) e colaborou en máis de 150. Algúns deles son:

  • An Anthology of Human Communication, 1964
  • Pragmatics of Human Communication (con Beavin e Jackson), 1967, OCLC 168614
  • Change: Principles of Problem Formation and Problem Resolution (con John Weakland e Richard Fisch), 1974, OCLC 730810, W W Norton page
  • How Real Is Real?, 1976, OCLC 1818442
  • The Language of Change, 1977, OCLC 3609867, W W Norton page
  • Gebrauchsanweisung für Amerika, 1978
  • The Situation Is Hopeless, But Not Serious: The Pursuit of Unhappiness, 1983, OCLC 946497, W W Norton page
  • The Invented Reality: How Do We Know What We Believe We Know? (Contributions to Constructivism), 1984, OCLC 9412760
  • Ultra-Solutions, or, How to Fail Most Successfully, 1988, OCLC 16682320
  • The Interactional View: studies at the Mental Research Institute, Palo Alto, 1965–1974, 1977
  • Munchausen's Pigtail and other Essays, 1990

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi Doutor honoris causa polas universidades de Liexa, Bordeos e Bos Aires.[4]

  1. 1,0 1,1 DPA (10-4-2007). "aul Watzlawick, psicólogo y filósofo". elmundo.es (en castelán). Consultado o 20-10-2019. 
  2. Nardone, G. (2000). Oltre i limiti della paura (en italiano). Milán: BUR Biblioteca Univ. Rizzoli. ISBN 978-8817864862. 
  3. Torres, Arturo. "La teoría de la comunicación humana de Paul Watzlawick". psicologiaymente.com (en castelán). Consultado o 20-10-2019. 
  4. "Obituario: Paul Watzlawick". Infocoop (en castelán). 25-4-2007. ISSN 1886-1385. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  翻译: