Saltar ao contido

Río Potomac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Potomac
(ike-latn) Patawmeck
(mis) Paskestikweya Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío
regato Editar o valor en Wikidata
EpónimoPatawomeck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
División administrativaCondado de Saint Mary's, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Charles, Estados Unidos de América (pt) Traducir, condado de Northumberland, Estados Unidos de América (pt) Traducir, condado de Westmoreland, Estados Unidos de América (pt) Traducir, condado de King George, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Stafford, Estados Unidos de América (pt) Traducir, condado de Fairfax, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Arlington, Estados Unidos de América, condado de Prince George, Estados Unidos de América, Washington, D.C., Estados Unidos de América, Condado de Montgomery, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Frederick, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Loudoun, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Jefferson, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Washington, Estados Unidos de América, Condado de Berkeley, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Morgan, Estados Unidos de América (pt) Traducir, Condado de Allegany, Estados Unidos de América (pt) Traducir e Condado de Hampshire, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaMaryland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBaía de Chesapeake (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°31′42″N 78°35′16″O / 39.5283, -78.5878
38°00′00″N 76°20′06″O / 38, -76.335
Afluentes
62
Conca hidrográficaPotomac River drainage basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións665 (lonxitude) × 590 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica38.100 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal306 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Potomac visto dende Mount Vernon

O río Potomac flúe ata a Baía de Chesapeake, e atópase na costa Atlántica dos Estados Unidos. O río mide aproximadamente 665 km., cunha zona de influencia de preto duns 38.000 km². O Potomac é o 4º río da costa Atlántica estadounidense en termos de área irrigada, e ocupa o posto 21 na clasificación do país. Máis de 5 millóns de persoas viven nas ribeiras do río Potomac, onde as precipitacións subministran mais de 8 m³ (8000 litros) de auga por persoa cada ano.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río forma parte da fronteira entre Maryland e Washington, D.C. na ribeira esquerda e Virxinia Occidental e Virxinia na ribeira dereita. A rama baixa do río Potomac está considerado como parte de Maryland, cá excepción dunha pequena porción que se atopa no Distrito de Columbia. Exceptuando unha pequena porción das súas augas iniciais en Virxinia Occidental, a rama norte do río Potomac se considera parte de Maryland ata a parte máis baixa do nivel da auga na ribeira oposta. Na rama sur do río Potomac, este cruza o estado de Virxinia Occidental exceptuando o seu inicio que está en Virxinia.

O río Potomac recorre 616 Km. (383 millas) dende Fairfax Stone en Virxinia Occidental hata Point Lookout en Maryland e rega uns 38018 km⊃2. O caudal medio é de 306.600 litros por segundo. O maior caudal rexistrado no Potomac pasando por Washington foi en marzo de 1936, cando este chegou ata os 12.000.000 litros/segundo. O caudal mais baixo rexistrado foi no mesmo lugar con 17.000 litros por segundo en setembro de 1966.

O río ten 2 fontes. A fonte para a rama norte atópase en Fairfax Stone, na fronteira dos condados de Grant, Tucker e Preston de Virxinia Occidental. A fonte da rama sur atópase preto de Hightown ó norte do condado de Highland, Virxinia. As dúas ramas do río conflúen ó leste de Green Spring no condado de Hampshire (Virxinia Occidental) para formar o Potomac.

Unha vez que o Potomac cae dende o Piedmont cara a planicie preto da costa, as mareas teñen maior forza. Nótase dende Washington, D.C. en diante. A salinidade no estuario do río crece cá proximidade á desembocadura. O estuario faise mais amplo, alcanzando os 17 km na boca do río, entre Point Lookout (Maryland) e Smith Point (Virxinia) antes de desembocar na Baía de Chesapeake.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  翻译: