Saltar ao contido

Selva amazónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selva amazónica preto de Manaus, no Brasil.
Mapa satélite da ecorexión do bosque da Amazonia delimitada polo Fondo Mundial para a Natureza.

A selva amazónica,[1] tamén chamada Amazonia,[2][3] é unha selva tropical húmida que cobre a maioría da bacía do río Amazonas, en América do Sur. Esta bacía abrangue 7 000 000 km², dos cales 5 500 000 km² están cuberto de selva. Está rexión inclúe o territorio de nove países.

A maioría da selva atópase dentro do Brasil, co 60% da súa superficie, seguido polo Perú co 13%, Colombia co 10%, e en menor medida en Bolivia, Ecuador, a Güiana Francesa, Güiana, Suriname e Venezuela. Catro deses países teñen "Amazonas" como nome dunha rexión administrativa de primeiro nivel (o Brasil, Venezuela, o Perú e Colombia) e Francia usa o nome "Parque amazónico da Güiana" para a súa área protexida de selva. A selva amazónica representa máis da metade de tódalas selvas que existen no planeta,[4] e abrangue a meirande e máis biodiversa selva tropical do mundo, cun estimado de 390 billóns de árbores divididas en 16 000 especies.[5]

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

O nome Amazonia deriva de amazonas, as lendarias guerreiras da mitoloxía grega mencionadas por Heródoto e Diodoro Sículo.[6] Segundo a lenda, as amazonas pertencian a unha tribo (comandada por Hipólita) que non aceptaba homes: os bebés de sexo masculino eran asasinados ao nacer. Amazona significa sen seo, en grego, porque a lenda tamén dicía que esas mulleres cortaban o seo para mellor manexar os arcos. A lenda foi transportada a América do Sur polos conquistadores españois, pioneiros na explorazón do río Amazonas, e crese que o termo xurdiu na loita entre Francisco de Orellana contra os pobos tapuyas e outras tribos, xa que as mulleres da tribo loitaban xunto cos homes como era o seu costume.[6] (en contraste coa cultura europea, na cal a muller tiña só funcións domésticas), consideraron teren finalmente encontrado as amazonas.

Hai aínda a lenda de El Dorado e do lago Parima, que supostamente estaría ligado á fonte da xuventude. Esa lenda probabelmente ligase á existencia real do Lago Amacu, que tiña unha pequena illa coberta de xisto micáceo, material que produce un forte brillo ao ser iluminado polo Sol e que producía a ilusión de riquezas nos europeos.

Unha área de seis millóns de hectáreas no centro da bacía, incluíndo o Parque Nacional do Jaú, foi considerada pola UNESCO, en 2000 (con extensión en 2003), Patrimonio da Humanidade.

O río e a bacía hidrográfica

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: río Amazonas

Vexa tamén: Bacía do río Amazonas

A selva ou hilea amazónica é a maior selva tropical pluvial do mundo. Posúe a aparencia, vista de cima, dunha capa continua de copas, situadas a aproximadamente 50 metros do solo.

A dificultade para a entrada de luz pola abundancia de copas fai que a vexetación rastreira sexa moi escasa na Amazonia. Como os animais que habitan o solo e precisan desa vexetación rastreira, a maior parte da fauna amazónica componse de animais que habitan as árbores. Non existen animais de grande porte, como nas sabanas.

O solo amazonico é bastante pobre, contendo apenas unha fina capa de nutrientes. A pesar diso, a flora e fauna mantense, en virtude do estado de equilíbrio (clímax) atinxido polo ecosistema. O aproveitamento de recursos é óptimo, habendo mínimo de perdas. Un exemplo claro diso está na distribución acentuada de micorrizas polo solo, que garanten ás raíces unha absorción rápida dos nutrientes que escorren a partir da foresta, coas chuvias. Tamén se forma no solo unha capa de decomposición de follas, gallos e animais mortos, que rapidamente son convertidos en nutrientes e aproveitados antes da lixiviación.

Abaixo dunha capa inferior a un metro, o solo pasa a ser areoso e con poucos nutrientes. Por iso e por conta da dispoñibilidade case ilimitada de auga, as raíces das árbores son curtas, e o proceso de sustentación faise tamén co apoio das árbores unhas nas outras.

Experiencias de colonización

[editar | editar a fonte]
Casa típica da poboación ribeiriña na Amazonia brasileira

A groso modo, as experiencias de colonización da Amazonia brasileira poden ser divididas en tres fases:

  • durante o período colonial, os xesuítas instalaron misións na rexión, que visaban inicialmente á catequese dos indios, mais tamén á exploración das chamadas drogas do sertán. Tamén foron desenvolvidas algunhas tentativas (desastrosas) de cultivo baseado en padróns europeos, o que promoveu o esgotamento dos solos e colleitas moi irregulares.
  • xa na República, houbo o ciclo da borracha, nos primeiros anos do século XX: co desenvolvemento do sector dos automóbiles e de bens industriais que dependían da borracha, o látex amazónico foi explorado intensamente por empresas nacionais e multinacionais. O ciclo terminou cando a produción no Sueste Asiático tornouse máis barata que a amazónica.
  • nos últimos 50 anos o goberno brasileiro ven tentando integrar o territorio amazónico cunha serie de iniciativas que reciben moitas críticas dos especialistas e da comunidade internacional; inclusive algunhas experiencias de agricultura en modelo europeo e a instalación da Zona Franca de Manaus, un parque industrial en medio da foresta.

Internacionalización da Amazonia

[editar | editar a fonte]

Para o economista Aluício Lins Leal, da Universidade Federal do Pará (UFPA), a Amazonia tamén xa está internacionalizada polo capital. “Hoxe non se internacionaliza como antes, con guerras. Hoxe o capital ten unha plasticidade tan grande que unha guerra é internacionalizada por medio do control das economías dos países en desenvolvemento. E aquí na Amazonia o núcleo estratéxico da economía rexional está todo nas mans do capital multinacional”, dixo nunha entrevista ao Boletín da Asociación dos Docentes da Universidade de Brasilia (ADUnB).

Unidades de Conservación

[editar | editar a fonte]

Alén deste, o SNUC contén varias unidades de conservación nos varios estados da Amazonia. Entre as de protección integral existen máis 10 Parques Nacionais (alén do Jaú), e 8 Reservas biolóxicas, e outros tipos de unidades.

Entre as unidades de uso sustentábel, están as Reservas extrativistas. Os programas de uso sustentábel son, en gran número, desenvolvidos por ONGs en parcería co poder público e coas propias poboacións tradicionais, acostumadas ao uso sustentado dos recursos naturais. Xorden iniciativas como a Escola da Foresta, no Acre, para formar técnicos en foresta e agroforesta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para amazónico.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Existir.. No exemplo da acepción 3.ª: "En África e na Amazonia aínda existen tribos illadas da civilización."
  3. Definición de mundurucu no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. "WNF: Places: Amazon". Consultado o 4 de xuño de 2016. 
  5. Field Museum, ed. (17 de outubro de 2013). "Field Museum scientists estimate 16,000 tree species in the Amazon". Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Taylor, Isaac (1898). Names and Their Histories: A Handbook of Historical Geography and Topographical Nomenclature. Londres: Rivingtons. ISBN 978-0-559-29668-0. Consultado o 12 de outubro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bunker, S.G. (1985). Underdeveloping the Amazon: Extraction, Unequal Exchange, and the Failure of the Modern State. University of Illinois Press.
  • Cleary, David (2000). "Towards an Environmental History of the Amazon: From Pre-history to the Nineteenth Century". Latin American Research Review 36 (2): 64–96. PMID 18524060. 
  • Dean, Warren (1976). Rio Claro: A Brazilian Plantation System, 1820–1920. Stanford University Press.
  • Dean, Warren (1997). Brazil and the Struggle for Rubber: A Study in Environmental History. Cambridge University Press.
  • Hecht, Susanna e Alexander Cockburn (1990). The Fate of the Forest: Developers, Destroyers, and Defenders of the Amazon. Nova York: Harper Perennial.
  • Hochstetler, K. e M. Keck (2007). Greening Brazil: Environmental Activism in State and Society. Duke University Press.
  • Revkin, A. (1990). The Burning Season: The Murder of Chico Mendes and the Fight for the Amazon Rain Forest. Houghton Mifflin.
  • Wade, Lizzie (2015). "Drones and satellites spot lost civilizations in unlikely places". Science News. doi:10.1126/science.aaa7864. 
  • Weinstein, Barbara (1983). The Amazon Rubber Boom 1850–1920. Stanford University Press.
  • Sheil, D.; Wunder, S. (2002). "The value of tropical forest to local communities: complications, caveats, and cautions" (PDF). Conservation Ecology 6 (2): 9. doi:10.5751/ES-00458-060209. hdl:10535/2768. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  翻译: