🔔Seminario Matemática Industrial #CITMAga 💡Modelo numérico hidrogeológico del núcleo del salar de Atacama (Chile) considerando los efectos del cambio climático 🗣 Diego Iván Campos Molina 📅 18/12 (13h) 📍Teams https://lnkd.in/dhZtFX7Y
CITMAga: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia
Investigación
Santiago de Compostela, A Coruña 1147 seguidores
As matemáticas galegas son moito máis que números. En CITMAga moldeamos a sociedade do futuro.
Sobre nosotros
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) é un consorcio das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo. As súas motivacións son: · Compartir visión e estratexia para aproveitar a actual capacidade e reputación das Matemáticas Galegas para crear unha entidade de I+D sostible, con relevante impacto académico, social e económico. · Integrar as capacidades científicas máis competitivas das tres Universidades nunha Axenda Científica común, aliñada cos programas marco europeos, a Estratexia Estatal de Innovación e a RIS3 de Galicia. · Asumir como estratéxico o compromiso coa transferencia, dándolle á industria rexional e nacional unha vantaxe competitiva sostible a través do fácil acceso á tecnoloxía habilitante líder do mundo.
- Sitio web
-
https://citmaga.gal
Enlace externo para CITMAga: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia
- Sector
- Investigación
- Tamaño de la empresa
- De 51 a 200 empleados
- Sede
- Santiago de Compostela, A Coruña
- Tipo
- Organización sin ánimo de lucro
- Fundación
- 2021
- Especialidades
- mathematics, research, technology transfer y statistics
Ubicaciones
-
Principal
Edif. Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, planta -1. Rúa de Constantino Candeira s/n. Campus Vida
Santiago de Compostela, A Coruña 15782, ES
Empleados en CITMAga: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia
-
Rubén Gayoso Taboada
Ingeniero Industrial, Executive MBA, General Manager en CITMAga Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia
-
María Dolores Gómez Pedreira
Prof. at Universidade de Santiago de Compostela
-
Alejandro Fernández Villaverde
Researcher in systems & control engineering
-
Javier López Fandiño
Assistant Professor at Universidade de Santiago de Compostela.
Actualizaciones
-
🎓 PEREGRINANDO: Traxectorias internacionais nas matemáticas e na física O vindeiro venres, 20 de decembro, o #CITMAga e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) organizan unha xornada única no FEUGA, en Santiago de Compostela. Esta actividade reúne a investigadoras e investigadores das matemáticas e a física que compartiran as súas experiencias profesionais internacionais e os avances nas súas áreas de estudo. 🗓 Prazo de rexistro ata o 13 de decembro. 🌟 Programa destacado: Riccardo Borsato - "O meu Camiño por Europa perseguindo os modelos integrables" María Vieites Díaz - "O CERN como base de operacións: Análise de datos en física de partículas" David Peinador - "Un periplo pola física teórica e a ciencia de datos" Gabriel Rodríguez Moris - "A relevancia da relatividade xeral en medicións astronómicas do século XXI" Patricia Guerra Balboa - "¿Cómo pueden las matemáticas proteger tu privacidad?" María Alonso Pena - "A estatística das esferas belgas" Gonzalo Cao Labora - "Avances recentes e problemas abertos na análise de ecuacións en derivadas parciais" Ana Peón Nieto - "Fibrados de Higgs: matemáticas inspiradas por la física" 🔗 Rexistro (ata o 13/12/2024): https://lnkd.in/dJGKqbvm 🔗 Máis información: https://lnkd.in/dpE5y3tr 👉 Non deixes pasar esta oportunidade de coñecer historias inspiradoras e perspectivas profesionais no ámbito científico.
-
🔔Oferta de traballo #CITMAga Contrato como investigador/a colaborador/a para a realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Modelización matemática e simulación numérica dun forno metalúrxico”. 👥Perfil: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes. 📅5 meses 💵Retribución bruta mensual: 1720,95 € (14 pagas) ⚠️Solicitudes antes do 10/12 https://lnkd.in/dkAs6Je2
-
📢 Entre o 25 e o 29 de novembro, celebramos en Santiago de Compostela o #184ESGI, organizado polo #CITMAga en colaboración coa math-in | Red Española Matemática - Industria, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Este evento foi unha oportunidade única para abordar retos industriais mediante solucións innovadoras e colaborativas. 🗓️ 25 de novembro: Apertura e presentación de problemas A xornada inaugural contou coa participación de: 🔸 Mercedes Conde Amboage, vice decana da Facultade de Matemáticas da USC e investigadora vinculada do CITMAga. 🔸 Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do CITMAga. 🔸 María Luisa Rapún, representante de math-in. Tras a apertura, Alfredo Bermúdez de Castro (catedrático emérito da USC e investigador vinculado do CITMAga) presentou os retos industriais a resolver: 1️⃣ Impacto do aparcamento compartido no urbanismo das cidades (The Basement) 2️⃣ Cálculo do fluxo solar sobre un receptor en plantas termosolares de torre (Sunntics) 3️⃣ Redes neuronais convolucionais para análise de imaxes (SUNNTICS) 🔬 25-28 de novembro: Resolución colaborativa dos problemas Durante os días de traballo, equipos formados por persoal investigador e representantes empresariais abordaron os retos propostos 🏁 29 de novembro: Presentación de conclusións e clausura Na xornada final, os grupos de traballo presentaron as súas conclusións. Este ESGI fortaleceu os lazos entre a academia e a industria, consolidando o papel das matemáticas aplicadas no desenvolvemento económico e social. A clausura correu a cargo de: 🔸 Javier Roca Pardiñas, Director de Transferencia do CITMAga. 🔸 Emilio Carrizosa, Presidente de math-in. 🔸 Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do CITMAga. 💡 Grazas a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta edición!
-
+1
-
💡 CITMAga no V Foro Tecnolóxico “IA na saúde” O pasado 25 de novembro, Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do #CITMAga, participou na mesa redonda “A investigación en IA aplicada á saúde” no marco do V Foro Tecnolóxico “IA na saúde”, celebrado no Centro de Estudos Avanzados (Santiago de Compostela). Durante o evento, presentáronse as principais liñas de investigación do noso centro relacionadas coa intelixencia artificial e a súa aplicación no ámbito sanitario.
-
🔔Seminario Matemática Aplicada #CITMAga 💡A morpho-poroelastic model applied to soft tissues 🗣 Fred Vermolen. Computational Mathematics group, University of Hasselt (Belgium) 📅 13/12 (10h) 📍Aula Magna de la Facultad de Matemáticas #USC y online https://lnkd.in/d6tXt8n3
-
🔔Oferta de traballo #CITMAga Contrato como investigador/a colaborador/a para a realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Modelización matemática e simulación numérica dun forno metalúrxico”. 👥Perfil: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes. 📅5 meses 💵Retribución bruta mensual: 1720,95 € (14 pagas) ⚠️Solicitudes antes do 10/12 https://lnkd.in/dkAs6Je2
-
CITMAga: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia ha compartido esto
🌍 O encontro “Peregrinando” achega a Santiago as oportunidades internacionais en investigación nas matemáticas e na física 🚶♀️ 🤝 Xornada organizada por CITMAga: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia e IGFAE. 🗓️Venres 20/12 🕤 A partir das 9.30h 📍Auditorio de FEUGA (Campus Sur) 🗣️ Oito relatoras e relatoras compartirán co público asistente as súas experiencias e liñas de investigación, poñendo o acento en como a internacionalización influíu nas súas carreiras. 🔁 Ademais das charlas, a xornada pretende poñer en contacto a persoal mozo con perfís máis avanzados da carreira científica, co obxectivo de fomentar conexións e colaboracións profesionais. Máis información: https://lnkd.in/deRK5ibF 📝 Rexistro gratuíto, ata o venres 13 de decembro: https://lnkd.in/dJGKqbvm
-
🎓 PEREGRINANDO: Traxectorias internacionais nas matemáticas e na física O vindeiro venres, 20 de decembro, o #CITMAga e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) organizan unha xornada única no FEUGA, en Santiago de Compostela. Esta actividade reúne a investigadoras e investigadores das matemáticas e a física que compartiran as súas experiencias profesionais internacionais e os avances nas súas áreas de estudo. 🗓 Prazo de rexistro ata o 13 de decembro. 🌟 Programa destacado: Riccardo Borsato - "O meu Camiño por Europa perseguindo os modelos integrables" María Vieites Díaz - "O CERN como base de operacións: Análise de datos en física de partículas" David Peinador - "Un periplo pola física teórica e a ciencia de datos" Gabriel Rodríguez Moris - "A relevancia da relatividade xeral en medicións astronómicas do século XXI" Patricia Guerra Balboa - "¿Cómo pueden las matemáticas proteger tu privacidad?" María Alonso Pena - "A estatística das esferas belgas" Gonzalo Cao Labora - "Avances recentes e problemas abertos na análise de ecuacións en derivadas parciais" Ana Peón Nieto - "Fibrados de Higgs: matemáticas inspiradas por la física" 🔗 Rexistro (ata o 13/12/2024): https://lnkd.in/dJGKqbvm 🔗 Máis información: https://lnkd.in/dpE5y3tr 👉 Non deixes pasar esta oportunidade de coñecer historias inspiradoras e perspectivas profesionais no ámbito científico.
-
🎓 Impulsando o futuro da análise xeométrica! 🎓 O pasado 28 de novembro celebrouse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela a Reunión de Investigadores Jóvenes da Red Española de Análisis Geométrico (#REAG), organizada en colaboración co #CITMAga. Este encontro reuniu á mocidade investigadora no ámbito da xeometría, creando un espazo para o intercambio de ideas, avances e conexións científicas. 📢 Palabras de benvida: Eduardo G. Río, coordinador da Red Española de Análisis Geométrico (REAG). Rosa M. Crujeiras, directora científica do CITMAga. 🎙️ Charla destacada: Jesús Castro Infantes, da Universidade Politécnica de Madrid, protagonizou unha interesante exposición que inspirou o debate e reflexión entre os asistentes. 🌟Encontros coma este fortalecen a colaboración científica e fomentan o crecemento dunha nova xeración de especialistas na análise xeométrica.