Publicación de Clúster Alimentario de Galicia

✅ Este mércores celebramos o Obradoiro de co-creación "Deseño de sistemas de produción futuros no 🌊 sector mar-industria", con gran éxito de participación. A xornada serviu para identificar recursos infrautilizados e subprodutos deste sector para o seu aproveitamento sustentable, así como para analizar os retos e oportunidades no desenvolvemento de novos produtos e a súa introdución no mercado. 💡 Esta actividade, organizada polo Clúster Alimentario de Galicia, ANFACO-CECOPESCA e o National Marine Fisheries Research Institute, enmárcase en 🐟 IMPRESS Project, unha iniciativa 💰 financiada por #HorizonEurope. 👥 Nomeadamente, a dinamización do obradoiro correu a cargo de Noelia Dosil Mayán e Raquel Diaz Flores, en representación de #Clusaga, e de Ariadna Mato Montero e Celina Costas, en nome de #ANFACO. 💡 No marco do proxecto #IMPRESS, o Clúster lidera as tarefas de estudo de mercado para a comercialización de especies de baixo nivel trófico e a capitalización dos resultados de outros proxectos de I+D+i. 🤝 Alén, mobiliza a participación de empresas galegas en paneis consultivos e obradoiros participativos, ofrecendo solucións concretas para o cambio na #dieta europea a través da #innovación interactiva baseada no coñecemento. #EconomiaAzul #sostenibilidad #BlueEconomy #HorizonEU 📸 ⬇

  • graphical user interface, website

Inicia sesión para ver o añadir un comentario.

Ver temas