Saltar ao contido

Cícladas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCícladas
Κυκλάδες (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°00′00″N 25°10′00″L / 37, 25.166666666667
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.572 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude1.008 m-233 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal840–849 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico228x0 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GR-82 Editar o valor en Wikidata

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É un conxunto de máis de 200 illas, das cales as maiores son Amorgos, Anafi, Andros, Antíparos, Delos, Ios, Kea, Kímolos, Kythnos, Milos, Mykonos, Naxos, Paros, Folégandros, Serifos, Sifnos, Síkinos, Siros, Tinos e Santorini. Estas illas fan parte da periferia da Grecia do Exeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros.

Politicamente constitúen unha prefectura de Grecia. A poboación total da prefectura é de 112.615 habitantes (censo do 2001) e a sede da mesma atópase en Hermópolis (grego: Ερμούπολη)

Vista turística de Míconos

A xeografía das illas é montañosa. O clima é seco, caloroso no verán e amornado no inverno. Unha das poucas illas fértiles é Naxos, famosa pola súa produción de patacas, aceite de oliva, froitas e outros produtos mediterráneos. Os fortes e frecuentes ventos mariños ás veces provocan problemas de comunicación aos barcos que enlazan a illa co resto de Grecia.

A arquitectura típica dos pobos, con casas e ruas encaladas de branco e portas e fiestras de vivas cores (especialmente o azul), son un dos maiores activos do turismo grego, e fan das Cíclades, en especial de Miconos e Santorini un dos destinos clásicos do turismo de toda Europa.

As illas son o berce da civilización cicládica, datada entre o final do neolítico e os primeiros tempos da idade de bronce (aproximadamente entre os anos 3300 ao 2000 a.C.). Algúns autores pensan que a civilización cicládica é continuación ou está relacionada dalgún modo coa civilización minoica, orixinaria da illa de Creta, ao sur da Cícladas. A cultura cicládica é coñecida polas súas figuras femininas, de formas esquemáticas e planas, esculpidas en mármore puro das illas.

Na época medieval as illas estiveron dominadas polos venecianos, polo que aínda queda unha pequena minoría católica, unha das poucas en Grecia, país de maioría ortodoxa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  翻译: