Saltar ao contido

Cognición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cognición (do latín cognoscere, 'coñer') é o acto ou proceso de coñecer, que implica atención, percepción, memoria, raciocinio, xuízo, imaxinación, pensamento e linguaxe. O termo ten orixe nos escritos de Platón e Aristóteles.

Fai referencia á facultade dos seres de procesar información a partir da percepción, o coñecimiento adquirido (experiencia) e características subxectivas que permiten valorar a información.

Os procesos cognitivos poden ser naturais ou artificiais, conscientes ou inconscientes, o que explica o por que se abordou o seu estudo desde diferentes perspectivas incluíndo a neuroloxía, psicoloxía, socioloxía, filosofía, as diversas disciplinas antropolóxicas, e as ciencias da información, tales como a intelixencia artificial e a xestión do coñecemento.

A cognición está intimamente relacionada con conceptos abstractos tales como mente, percepción, razoamento, intelixencia, aprendizaxe e moitos outros que describen numerosas capacidades dos seres superiores (aínda que estas características tamén as compartirían algunhas entidades non biolóxicas segundo propón a intelixencia artificial.

Nas primeiras etapas de desenvolvemento do concepto críase que a cognición era unha característica unicamente humana, pero co desenvolvemento da etoloxía e a intelixencia artificial, discútese a validez de tal argumento.

Psicoloxía

[editar | editar a fonte]

A psicoloxía cognitiva estuda os procesos de aprendizaxe e de aquisición de coñecemento. Actualmente é unha rama da psicoloxía dividido en innumerábeis linñs de diferentes investigacións e algunhas veces discordantes entre si.

Segundo a psicoloxía cognitiva pode haber, nos individuos, unha visión unitaria dos procesos mentais, onde o aprendizaxe dase pola aprehensión dos datos e do coñecemento imediato dun obxecto mental. Duna maneira máis simple, podemos dicir que a cognición é a forma en como o cerebro percibe, aprende, recorda e pensa sobre toda a información captada a través dos cinco sentidos.

Pero a cognición é máis que unha simple aquisición de coñecemento e, consecuentemente, a nosa mellor adaptación ao medio. Tamén é un mecanismo de conversión do que se captaou para o noso modo de ser interno. É un proceso polo cal o ser humano interactúa cos seus semellantes e co medio en que vive, sen perder a súa identidade existencial. Comeza coa captación dos sentidos e logo en seguida ocorre a percepción. É, por tanto, un proceso de coñecemento que ten como material a información do medio en que vivimos e o que xa está rexistrado na nosa memoria.

En psicoloxía e intelixencia artificial (IA) o concepto refírese ás funcións, procesos e estados mentais de axentes intelixentes, cun enfoque particular en procesos tales como comprensión, inferencia, toma de decisións, planificación e aprendizaxe. A investigación no campo da cognición aborda capacidades dos axentes/sistemas tales como a abstracción, xeneralización, concreción/especialización e meta-razoamento, nas cales involúcranse conceptos subxectivos tales como as crenzas, coñecemento, estados mentais e preferencias.

O concepto de cognición utilízase frecuentemente para significar o acto de coñecer, ou coñecemento, e pode ser definido, nun sentido cultural ou social, como o desenvolvemento emerxente de coñecemento dentro dun grupo que culmina coa sinerxía do pensamento e a acción.

O proceso mental

[editar | editar a fonte]

Fritjof Capra presenta no apéndice do seu libro, A trama da vida, os seis criterios fundamentais de Gregory Bateson para o proceso mental e os compara coa teoría proposta por Humberto Maturana:

  1. Unha mente é un agregado de partes ou compoñentes interactuantes.
  2. A interacción entre as partes da mente desencadéase poa diferenza.
  3. O proceso mental require enerxía colateral.
  4. O proceso mental require cadeas circulares de determinación.
  5. No proceso mental, os efectos da diferenza deben ser vistos como transformacións de sucesos que os precederon.
  6. A descrición e clasificación destes procesos de transformación revelan unha xerarquía de prototipos lóxicos inmanentes nos fenómenos.

Segundo John Lachman e E. C. Butterfield, o chamado procesamento de información...

...considera que se realizan poucas operacións simbólicas, relativamente básicas, tales como codificar, comparar, localizar e/o almacenar. Por conseguinte, no último caso pode dar conta da intelixencia humana e a capacidade para crear coñecemento, innovacións e talvez expectativas respecto ao futuro.

Considera que é nos dous últimos criterios onde se presenta a diferenza entre os puntos de vista de Bateson e Maturana sobre a cognición.[1]

Este procesamento consiste en como o suxeito internaliza a información recibida polo ambiente. Á súa vez, na internalización de novos coñecementos, actívanse de maneira conxunta as funcións cognitivas para que a internalización de novos coñecementos se realice dunha maneira satisfactoria.

  1. Fritjof Capra. La trama de la vida. Barcelona: Anagrama, 1998.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Coren, Stanley; Lawrence M. Ward & James T. Enns (1999): Sensation and Perception. Harcourt Brace. ISBN 0-470-00226-3
  • Godoy, Adriano (2006): Matriz: a arte de controlar reações e ser uma pessoa eficaz. Virtual Book. Vivali Editora Eletrônica Ltda.
  • Revue Labyrinthe n°20 "La cognition" (2005). (en francés). Consultada o 24-07-2011.
  • Lycan, W. G., (ed.) (1999): Mind and Cognition: An Anthology, 2nd Edition. Malden, Mass: Blackwell Publishers, Inc.
  • Stanovich, Keith (2009): What Intelligence Tests Miss: The Psychology of Rational Thought. New Haven CT: Yale University Press. ISBN 978-0-300-12385-2

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  翻译: