Salerno
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Campania | ||||
Provincias | Provincia de Salerno | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.186 (2023) (2.125,08 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 59,85 km² | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | Baronissi (pt) San Cipriano Picentino (pt) San Mango Piemonte (pt) Vietri sul Mare (pt) Pontecagnano Faiano (pt) Cava de' Tirreni (pt) Giffoni Valle Piana (pt) Castiglione del Genovesi (pt) Pellezzano (pt) | ||||
Santo padrón | Mateo o Evanxelista | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 84121–84135 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 089 | ||||
Identificador ISTAT | 065116 | ||||
Código catastral italiano | H703 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.salerno.it |
Salerno[1] é unha cidade e comuna italiana da rexión de Campania (no suroeste de Italia) e é a capital da provincia homónima. Localízase no Golfo de Salerno do Mar Tirreno.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi unha antiga cidade na costa norte do golfo de Paestum, no actual golfo de Salerno. A súa orixe é descoñecida e non se sabe nada do seu período anterior ó romano.
A colonia romana estabeleceuse no -197. Tito Livio menciónaa como Castrum Salerni,[2] o que indica que xa existía unha fortaleza. Algúns picenos (supostamente os das cidades de Picenum que estiveran a prol de Haníbal) estabelecéronse alí. A cidade non acadou demasiada importancia e o territorio foi coñecido como Ager Picentinus e o pobo asentado alí como "picentes".
Na Guerra Social foi ocupada polo xeneral samnita C. Papius, pero é a única vez que o seu nome volve a aparecer na historia. Tiña un bo clima e Horacio di que lla recomendaron pola súa saúde. Foi municipio baixo o Imperio pero conservou o título de colonia de acordo coas inscricións.
Despois da caída do imperio, pasou sucesivamente a mans de Odoacro, os ostrogodos e os bizantinos, e conquistada polos longobardos formou parte do Ducado de Benevento (646).[3] Nesta época foi sede dun bispado.
A guerra civil no ducado de Benevento levou á división do país e ó estabelecemento do Principado de Salern oficializado en 849.[4] Existiu até a conquista normanda en 1077.[5]
No século X tivo unha famosa escola de medicina (Schola Salernitana). A cidade formou parte despois de 1077 do ducado normando de Pulla-Calabria. Posteriormente foi doada ós Colonna, Orsini e Sanseverino, e seguiu o mesmo destino de Nápoles e Dúas Sicilias pasando a Italia en 1861.
Os aliados desembarcaron na cidade en setembro de 1943 e en febreiro de 1944 instaurouse na cidade o goberno do mariscal Pietro Badoglio.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salernitano.
- ↑ Packard, David W. (1968). A Concordance to Livy (en inglés). vol.1. Harvard University Press. pp. 134, 837.
- ↑ Rosser, John H. (2001). Historical Dictionary of Byzantium (en inglés). Scarecrow Press. p. 54. ISBN 9780810866218.
- ↑ Emerick, Judson. The Tempietto del Clitunno near Spoleto (en anglès). Penn State Press. p. 404. ISBN 0271044500.
- ↑ Partner, Peter (1972). The Lands of St. Peter: The Papal State in the Middle Ages and the Early Renaissance (en inglés). University of California Press. p. 130. ISBN 0520021819.
- ↑ Finkelstein, Monte S. (1998). Separatism, the Allies and the Mafia: The Struggle for Sicilian Independence, 1943-1948 (en inglés). Lehigh University Press. p. 32. ISBN 9780934223515.