Saltar ao contido

Rexión de Zakarpatia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do óblast de Zakarpatia
Raions da óblast
Bandeira
Escudo

A óblast de Zakarpatia ou Transcarpatia, (ucraíno: Закарпа́тська о́бласть, Zakarpats'ka oblast) é unha óblast do suroeste de Ucraína.

A súa capital é Úzhgorod (en ucraíno, Uzhhorod). Outras cidades importantes son Mukácheve e Chop.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa óblast de Leópolis, ao leste coa óblast de Ivano-Frankivsk, ao sur con Romenia, ao suroeste con Hungría, ao oeste con Eslovaquia e ao noroeste con Polonia.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Aínda que os ucraínos son maioritarios, tamén hai importantes poboacións de húngaros (12,1 % da poboación, maioritarios nas zonas fronteirizas), rusinos, romaneses, eslovacos e xitanos.

Principais cidades

[editar | editar a fonte]

As maiores cidades da óblast son:[1]

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía está baseada na exportación de viño e madeira cos países veciños.

Entre o século X e o ano 1918 Transcarpatia foi parte do reino de Hungría tras a súa invasión, posteriormente pasou a Checoslovaquia. A rexión foi independente brevemente durante a primavera de 1939 declarando a súa independencia como "Ucraína dos Cárpatos", antes de ser ocupada por Hungría até a segunda guerra mundial, cando se incorporou á Unión Soviética dentro da República Socialista Soviética de Ucraína.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]

Outros nomes cos que se coñece a Zakarpatia son Zakarpatya, Transcarpacia, Transcarpatia ou Rutenia subcarpática. Noutras linguas a óblast é coñecida como:

  • Eslovaco: Podkarpatská Rus
  • Húngaro: Kárpátontúli terület, Kárpátalja
  • Romanés: Regiunea Subcarpația pronunciado [red͡ʒiˈune̯a subkarˈpat͡si.a]
  • Rusino: Подкарпатьска област, transliterado Podkarpat’ska oblast
  • Ruso: Закарпатская область, translititerado Zakarpatskaya oblast.
  1. "Zakarpatsʿka: largest cities and towns and statistics of their population". World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  翻译: